Hermann Maier
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1972 (51 anos) Altenmarkt im Pongau, Austria (pt) |
Altura | 181 cm |
Actividade | |
Ocupación | esquiador alpino, Professor de esqui (pt) |
Nacionalidade deportiva | Austria |
Deporte | esquí alpino |
Disciplina deportiva | Super-G (pt) |
Participou en | |
2006 | Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Slalom gigante masculino (pt) (Medalla de bronce olímpica) |
2006 | Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Super-G masculino (pt) (medalla de prata olímpica) |
1998 | alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's giant slalom (en) (medalla de ouro olímpica) |
1998 | alpine skiing at the 1998 Winter Olympics – men's Super-G (en) (medalla de ouro olímpica) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | hm1.com |
Hermann Maier, nado en Altenmarkt im Pongau o 7 de decembro de 1972, é un ex-esquiador austríaco que gañou dúas medallas de ouro olímpicas (4 medallas en total), tres campionatos do mundo (6 medallas en total), 4 xerais da Copa do Mundo (e 10 Copas do Mundo en diferentes disciplinas) e 54 vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 96 podios). Foi un dos mellores expoñentes do deporte. O martes 13 de outubro de 2009 anunciou a súa retirada definitiva da competición, tras unha lesión no xeonllo dereito producida no mes de marzo e que tivo que ser operada.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Aínda que a Maier inicialmente non lle entusiasmaba o éxito no esquí, ía á escola de esquí Schladming, mais aos seus 15 anos foi enviado á casa porque tiña unha constitución débil debido ao seu crecemento. Unha vez na casa estivo na escola de esquí do seu pai en Flachau. No verán dedicábase a traballar como albanel e no inverno como profesor de esquí.
Participando en carreiras locais ilegais, Maier comezou a destacar como campión rexional en Salzburgo e no Tirol, pero aínda non se gañou un sitio no equipo da Copa do Mundo de esquí de Austria. O seu sobresaliente talento foi recoñecido por primeira vez polos adestradores austríacos en 1996 cando se colocou co duodécimo mellor tempo no slálom xigante da Copa do Mundo en Flachau, aínda que Maier só estaba a abrir a pista e non participaba na competición. Isto foi o principio da súa carreira internacional.
Carreira
[editar | editar a fonte]En febreiro de 1997 gañou o seu primeiro evento na Copa do Mundo, unha carreira do Super-G en Garmisch-Partenkirchen, Alemaña. Rapidamente estableceuse como un esquiador explosivo e dinámico, ben coñecido pola súa forza e a súa valentía tomando risco e o esforzo sen fin que puña nas súas sesións de adestramento. Dende entón foi dominador no esquí alpino, dende o slálom xigante ata o descenso.
Nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998) sufriu na proba de descenso unha das caídas máis espectaculares que se lembran cando saíu despedido polo aire cando ía máis de 100 quilómetros por hora voando literalmente unha centena de metros e rompendo finalmente dúas proteccións que non lograron detelo totalmente, parando case 30 metros despois. Estas imaxes deron a volta a todo o mundo e mesmo foi a portada de Sports Illustrated. Foi tan impresionante como a súa expresión de normalidade ao erguerse e abandonar polo seu propio pé a pista con só molestias no xeonllo e o ombreiro e que a pesar das súas lesións gañase nos días seguintes a medalla de ouro no slálom xigante e no super-G. Ese mesmo ano gañou a Copa do Mundo global e a modalidade de Super-G. Nos anos 2000 e 2001 volveu gañar a competición global da Copa do Mundo.
A súa prometedora carreira estivo a piques de truncarse definitivamente tras un accidente de moto en agosto de 2001 no que chocou cun automóbil camiño da casa tras unha sesión de adestramento. Os médicos estiveron a piques de cortarlle unha perna, mais a súa insistencia así como a decisión e fe do cirurxián Arthur Trost (que durante varias horas loitou coa fractura aberta, cos tendóns e os ósos esnaquizados para evitar unha amputación que parecía inevitable) salvaron mediante unha intensiva cirurxía reconstrutiva a perna esquerda do mellor esquiador do momento. Contaba entón con tres Globos de cristal (Xeral da Copa do Mundo), 41 triunfos e 69 podios na Copa do mundo e era dobre Campión Olímpico e Mundial. Maier comezou un longo e duro proceso de rehabilitación que durou 17 meses e que lle fixo perderse as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 así como os Xogos Olímpicos de Salt Lake City 2002. Moitos pensaron que a súa carreira rematara e poucos que puidese volver andar con normalidade e moito menos esquiar.
Con todo Maier volveu á Copa do Mundo en xaneiro de 2003 en Adelboden, Suíza, e só dúas semanas despois sorprendeu a todo o mundo do esquí cunha sorprendente vitoria do super-G en Kitzbühel, Austria. En 2004, na súa primeira tempada completa tras o accidente, Maier volveu gañar a competición global da Copa do Mundo por cuarta vez na súa carreira e a súa quinta Copa do Mundo no Super-G, un feito visto como un dos maiores regresos na historia dos deportes. Ese ano, Hermann Maier recibiu o premio Laureus World Sports Award polo regreso do ano.
Como reflexo da súa natureza aparentemente indestructible, foi alcumado Herminator. Despois dos Xogos Olímpicos de Nagano apareceu no programa de Jay Leno, xunto co actor Arnold Schwarzenegger, coñecido no mundo enteiro pola saga Terminator.[2]
En 2004, Maier escribiu unha autobiografía cos seus amigos e o seu axente de publicidade, Knut Okresek. Un libro en lingua alemá titulado Hermann Maier: Dás Rennen Meines Lebens ("Herman Maier: A carreira da miña vida") no que contaba a súa recuperación dende o accidente de motocicleta en 2001. En 2005, VeloPress, adquiriu os dereitos do libro e foi publicado durante os Xogos Olímpicos de 2006 como Hermann Maier: The Race of My Life.
En outubro de 2005 Maier gañou o slálom xigante de Sölden, o que o colocou como o segundo esquiador con máis vitorias na Copa do Mundo con 51 por detrás unicamente de Ingemar Stenmark que sumou 86 e por diante de Alberto Tomba con 50. Maier conseguiu as súas vitorias en slálom xigante, superxigante, descenso e combinada, mentres que Stenmark e Tomba o fixeron unicamente en slálom e slálom xigante, o cal indica o completo que foi Maier no esquí.
O 30 de novembro de 2008, case tres anos despois do seu último triunfo nunha proba da copa do mundo, logrou sumar en Lake Louise a súa vitoria número 54 (e podio número 95), aumentando ademais a 24 a marca de vitorias en superxigante, disciplina na cal é claramente o mellor de todos os tempos. Converteuse ademais no segundo esquiador alpino de maior idade en gañar unha proba da Copa do Mundo con 35 anos e 358 días, por detrás de Marco Buechel con 36 anos e 45 días.
Resultados
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos de Inverno
[editar | editar a fonte]- 1998 en Nagano, Xapón
- Super Xigante: 1º
- Slálom Xigante: 1º
- 2006 en Turín, Italia
- Super Xigante: 2º
- Slálom Xigante: 3º
- Descenso: 6º
Campionatos Mundiais
[editar | editar a fonte]- 1999 en Vail, Estados Unidos
- Descenso: 1º
- Super Xigante: 1º
- 2001 en Sankt Anton am Arlberg, Austria
- Descenso: 2°
- Super Xigante: 3º
- Slálom Xigante: 4º
- 2003 en St. Moritz, Suíza
- Super Xigante: 2°
- Descenso: 8°
- 2005 en Bormio, Italia
- Slálom Xigante: 1º
- Super Xigante: 4º
- Descenso: 17º
- 2007 en Åre, Suecia
- Super Xigante: 7º
- Descenso: 13º
- Slálom Xigante: 21º
- 2009 en Val d'Isère, Francia
- Descenso: 6º
- Super Xigante: 18º
Copa do Mundo
[editar | editar a fonte]Clasificación xeral Copa do Mundo
[editar | editar a fonte]- 1995-1996: 106°
- 1996-1997: 21°
- 1997-1998: 1º
- 1998-1999: 3°
- 1999-2000: 1º
- 2000-2001: 1º
- 2001-2002: Non participou
- 2002-2003: 45° (soamente participou en cinco carreiras)
- 2003-2004: 1º
- 2004-2005: 3°
- 2005-2006: 6°
- 2006-2007: 19°
- 2007-2008: 21°
- 2008-2009: 26°
Clasificación por disciplinas (Top-10)
[editar | editar a fonte]- 1996-1997:
- Super Xigante: 4º
- 1997-1998:
- Super Xigante: 1º
- Slálom Xigante: 1º
- Descenso: 2º
- Combinada: 2º
- 1998-1999:
- Super Xigante: 1º
- Slálom Xigante: 3º
- Descenso: 6º
- Combinada: 6º
- 1999-2000:
- Descenso: 1º
- Super Xigante: 1º
- Slálom Xigante: 1º
- Combinada: 2º
- 2000-2001:
- Descenso: 1º
- Super Xigante: 1º
- Slálom Xigante: 1º
- 2003-2004:
- Super Xigante: 1º
- Descenso: 3º
- Combinada: 10º
- 2004-2005:
- Super Xigante: 2º
- Descenso: 3º
- Slálom Xigante: 4º
- Combinada: 9º
- 2005-2006:
- Super Xigante: 2º
- Descenso: 7º
- Slálom Xigante: 8º
- 2006-2007:
- Super Xigante: 6º
- 2007-2008:
- Super Xigante: 10º
- 2008-2009:
- Super Xigante: 4º
Vitorias da Copa do Mundo (54)
[editar | editar a fonte]- Descenso (15)
Data | Lugar |
---|---|
29 de decembro de 1997 | Bormio Italia |
16 de xaneiro de 1998 | Wengen Suíza |
29 de decembro de 1998 | Bormio Italia |
27 de novembro de 1999 | Beaver Creek Estados Unidos |
8 de xaneiro de 2000 | Chamonix Francia |
29 de xaneiro de 2000 | Garmisch-Partenkirchen Alemaña |
2 de decembro de 2000 | Beaver Creek Estados Unidos |
9 de decembro de 2000 | Val d'Isère Francia |
20 de xaneiro de 2001 | Kitzbühel Austria |
2 de marzo de 2001 | Kvitfjell Noruega |
8 de marzo de 2001 | Åre Suecia |
6 de decembro de 2003 | Beaver Creek Estados Unidos |
14 de febreiro de 2004 | Sankt Anton am Arlberg Austria |
5 de marzo de 2005 | Kvitfjell Noruega |
28 de xaneiro de 2006 | Garmisch-Partenkirchen Alemaña |
- Slálom Xigante (14)
Data | Lugar |
---|---|
25 de novembro de 1997 | Park City Estados Unidos |
6 de xaneiro de 1998 | Saalbach-Hinterglemm Austria |
13 de xaneiro de 1998 | Adelboden Suíza |
25 de outubro de 1998 | Sölden Austria |
12 de xaneiro de 1999 | Adelboden Suíza |
31 de outubro de 1999 | Tignes Francia |
24 de novembro de 1999 | Beaver Creek Estados Unidos |
5 de febreiro de 2000 | Todtnau Alemaña |
29 de outubro de 2000 | Sölden Austria |
10 de decembro de 2000 | Val d'Isère Francia |
9 de xaneiro de 2001 | Adelboden Suíza |
15 de febreiro de 2001 | Shigakogen Xapón |
10 de marzo de 2001 | Åre Suecia |
23 de outubro de 2005 | Sölden Austria |
- Super Xigante (24)
Data | Lugar |
---|---|
23 de febreiro de 1997 | Garmisch-Partenkirchen Alemaña |
6 de decembro de 1997 | Beaver Creek Estados Unidos |
10 de xaneiro de 1998 | Schladming Austria |
11 de xaneiro de 1998 | Schladming Austria |
1 de febreiro de 1998 | Garmisch-Partenkirchen Alemaña |
13 de decembro de 1998 | Val d'Isère Francia |
21 de decembro de 1998 | Innsbruck Austria |
9 de xaneiro de 1999 | Schladming Austria |
7 de marzo de 1999 | Kvitfjell Noruega |
28 de novembro de 1999 | Vail Estados Unidos |
5 de decembro de 1999 | Lake Louise Canadá |
21 de xaneiro de 2000 | Kitzbühel Austria |
16 de marzo de 2000 | Bormio Italia |
26 de novembro de 2000 | Lake Louise Canadá |
19 de xaneiro de 2001 | Kitzbühel Austria |
4 de marzo de 2001 | Kvitfjell Noruega |
27 de xaneiro de 2003 | Kitzbühel Austria |
30 de novembro de 2003 | Lake Louise Canadá |
1 de febreiro de 2004 | Garmisch-Partenkirchen Alemaña |
11 de marzo de 2004 | Sestrières Italia |
24 de xaneiro de 2005 | Kitzbühel Austria |
6 de marzo de 2005 | Kvitfjell Noruega |
20 de xaneiro de 2006 | Kitzbühel Austria |
30 de novembro de 2008 | Lake Louise Canadá |
- Combinada (1)
Data | Lugar |
---|---|
18 de xaneiro de 1998 | Wengen/Veysonnaz Suíza |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El austriaco Hermann Maier anuncia su retirada del esquí alpino
- ↑ Espen, Hal (28 de outubro de 2003). Outside 25: Classic Tales and New Voices from the Frontiers of Adventure. W. W. Norton & Company. p. 269. ISBN 978-0-393-32503-4. Consultado o 25 de marzo de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Austria |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados no estado de Salzburgo
- Nados en 1972
- Esquiadores alpinos olímpicos de Austria
- Medallistas olímpicos en esquí alpino
- Medallistas olímpicos de ouro por Austria
- Medallistas olímpicos de prata por Austria
- Medallistas olímpicos de bronce por Austria
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006
- Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998
- Esquiadores alpinos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006