Saltar ao contido

Hetepsekhemui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHetepsekhemui
Biografía
Nacementoséculo XXIX a. C. Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XXIX a. C. Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaqqara Editar o valor en Wikidata
Faraón
Q110644534 Traducir
Q110644602 Traducir
Raneb → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo tinita e Segunda Dinastía de Exipto Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor en Wikidata
FamiliaSegunda Dinastía de Exipto Editar o valor en Wikidata
FillosRaneb Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Tabela de Saqqara Editar o valor en Wikidata

Hetepsekhemui foi o primeiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. -2828 - -2800 (von Beckerath)

O seu nome significa "Os dous poderes está en paz", o que parece aludir ao remate das loitas entre o Baixo Exipto e o Alto Exipto.

Manetón denomínao Boetos, segundo Xulio Africano, ou Bocos, na versión armenia de Eusebio de Cesarea, e asígnalle 38 anos de reinado.

O Canon Real de Turín indica 95 anos para Bau... (fragmento).

Considéraselle o iniciador da dinastía II, pero non se sabe con certeza que relación existiu entre el e a dinastía anterior, pois se cre que non foi fillo de Qaa. É posible que Hetepsekhemui chegase ao trono casando cunha princesa.

A partir do seu reinado deixan de usarse as tablillas epónimas da Primeira dinastía e substitúeas por impresións de selos cilíndricos. Isto proporcionaranos os nomes dos funcionarios, pero non información sobre sucesos políticos ou relixiosos.

Segundo Manetón na súa época abriuse unha greta no chan de Bubastis na que pereceron numerosas persoas.

Crese que Hetepsekhemui foi apartado do trono mediante un complot organizado polo seu propio irmán.

Testemuños da súa época

[editar | editar a fonte]
  • A súa tumba identificouse en Saqqara; a estrutura enterrada perdurou pero non quedan restos da cubrición.
  • Impresións de selo nunha galería baixo a pirámide de rei Unis en Saqqara; quizais a tumba de Hetepsekhemui (Maspero)
  • Fragmento do recipiente de Qau (Brunton)
Predecesor:
Qaa
Faraón
Segunda Dinastía
Sucesor:
Raneb