Saltar ao contido

Hipólito de Sa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hipólito de Sá»)
Modelo:BiografíaHipólito de Sa
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1907 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 2001 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBemil Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Caldas de Reis
1948 –
← Jacobo Rey PortoPablo Elorriaga Senlle → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Formación profesionalLicenciado en Filosofía e Letras
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMarina Cascallar Vázquez Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Victoria e Marina Editar o valor en Wikidata
IrmánsLuís de Sá Bravo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1039907 BUSC: sa-bravo-hipolito-de-1907-2001 Dialnet: 1870623

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor e historiador galego. É coñecido tamén polas súas actividades de profesor, investigador e músico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira sacerdotal dentro da Orde franciscana no convento de San Francisco de Herbón, e a de Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. Abandonou a orde por motivos de saúde. Dedicouse á docencia durante máis de trinta anos como profesor de letras en Caldas de Reis, Madrid e Vigo, ata a súa xubilación.

Dirixiu as agrupacións musicais Escolanía do mosteiro de Santa Cruz del Valle de los Caídos, Coral Polifónica e o Coro Encantiños do Umia, de Caldas de Reis, e Masa Coral Polifónica de E. D. de Pontevedra. Foi cronista oficial da vila de Caldas de Reis, da que foi nomeado alcalde, e membro correspondente da Real Academia da Historia e a Real Academia Galega.

Dedicou os seus esforzos á divulgación dos valores históricos e artísticos de Galicia por medio de conferencias, charlas, coloquios, excursións dirixidas, reportaxes xornalísticas e libros. Fundador e director do Grupo Cultural Amigos do Románico en Vigo, organizou exposicións fotográficas cos títulos de Monasterios de Galicia e Rutas do Románico ou O Románico do Baixo Miño, e os ciclos de conferencias desenvolvidos durante as exposicións.

Tomou parte como conferenciante nos Cursos de verán para estranxeiros, programados pola Universidade de Santiago de Compostela entre 1974 e 1976. Invitado polas Delegacións de Información e Turismo de Lugo e A Coruña, participou na campaña cultural Coñeza Vd. Galicia entre os anos 1974 e 1976, pronunciando, en ambas provincias, numerosas conferencias sobre Historia e Arte en terras de Galicia. Tamén colaborou coa Obra Cultural da Caixa de Aforros de Vigo e os programas da Rede provincial de Teleclubs, percorreu as distintas comarcas da provincia de Pontevedra dando conferencias sobre a música, a historia, o folclore e a arte de Galicia, en Centros Culturais, Institutos, Colexios, Teleclubs, Bibliotecas e Sociedades Recreativas. Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega e publicou reportaxes e colaboracións na prensa.

  • Monasterios, 4 tomos, en "Cuadernos de Arte Gallego".
  • El monacato en Galicia, 2 tomos , A Coruña, 1972.
  • La cultura del románico en Galicia, Club de Dirigentes de Empresa, A Coruña, 1972.
  • Monasterios cistercienses: Sobrado de los Monjes y Monfero, A Coruña, 1973.
  • Influencias del Camino de Santiago en la cultura y el arte de Galicia, A Coruña, 1977.
  • Estampas pontevedresas, Pontevedra, 1977.
  • Celanova. El Monasterio de San Salvador, Bibliófilos Gallegos. Colección Obradoiro, 1978.
  • Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra, Pontevedra, 1978.
  • Boticas monacales y medicina naturista en Galicia, Ed. Everest, 1983.
  • El Monasterio de Celanova. Guía turística. Ed. Everest, 1982.
  • El Monasterio de Poyo. Guía turística. Ed. Everest, 1985.
  • El Monasterio de San Martín Pinario. Guía turística. Ed. Everest, 1988.
  • Caldas de Reis. Páginas históricas de la villa y de linajes de la misma y su contorno, Pontevedra, 1986.
  • Creencias del costumbrismo religioso en Galicia, Pontevedra, 1991

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Lápida do seu sepulcro en Bemil (Caldas de Reis).

O seu labor de investigación e divulgación cultural foi premiado con diversas distincións.

  • Vigués distinguido, concedido polo concello de Vigo (1988).
  • Medalla Castelao, concedida pola Xunta de Galicia (1994).
  • Premio anual de Periodismo 1969, da Deputación de Pontevedra.
  • Premio Daniel de la Sota nos anos 1972, 1973 e 1976, Deputación de Pontevedra.
  • Premio Ciudad de Pontevedra 1976, concedido polo concello de Pontevedra.
  • Insignias de ouro da Deputación Provincial e concello de Caldas de Reis, CIT de Ourense.


Predecesor:
Jacobo Rey Porto
 
Alcalde de Caldas de Reis
 
1948
Sucesor:
Pablo Elorriaga Senlle

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]