Saltar ao contido

Hiromi Kawakami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHiromi Kawakami

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 川上弘美 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Feminina de Ochanomizu Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Toquio Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, escritora, escritora de ciencia ficción Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5839925 BNE: XX4913050 Bitraga: 3965 Editar o valor en Wikidata

Hiromi Kawakami (en xaponés: 川上 弘美, Kawakami Hiromi), nada en 1958, é unha escritora xaponesa coñecida polas súas innovadoras obras de ficción, poesía e crítica literaria. Gañou múltiples premios literarios nipóns, entre os que destacan os premios Akutagawa, Tanizaki, Yomiuri e o Izumi Kyōka de Literatura. A súa obra foi adaptada ao cinema e traducida a máis de quince linguas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Hiromi Kawakami naceu en Tokyo en 1958, mais criouse no barrio de Takaido da cidade de Suginami.[1] En 1980, graduouse da Universidade Ochanomizu para mulleres.[2]

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

Tras completar os seus estudos, Kawakami comezou a traballar como escritora e editora na revista NW-SF, especializada en ciencia ficción. [3] O seu primeiro conto, "Sho-shimoku", apareceu en 1980.[2] Tamén foi profesora de ciencias na secundaria, mais pasou a ser ama de casa cando o seu esposo se tivo que trasladar por traballo.[1][4]

En 1994, aos 36 anos, publicou a súa primeira escolma de relatos, titulada Kamisama ("Os deuses").[4] En 1996, Hebi wo fumi ("Pisar a serpe") gañou o prestixioso premio Akutagawa.[5] En 2001, recibiu o premio Tanizaki pola súa novela O maletín do mestre, unha historia de amizade e amor entre unha muller de trinta anos e o seu antigo profesor, de setenta.[6] Tras os accidentes nucleares de Fukushima, reescribiu a súa ópera prima, Kamisama, incorporando os sucesos de Fukushima na trama orixinal.[7]

En 2014, estreouse a película Nishino Yukihiko no koi to bōken, baseada na novela homónima de Kawakami publicada en 2003. Ese mesmo ano, saíu do prelo o seu libro Suisei ("O son da auga"), que gañou o 66.º premio Yomiuri de 2015. Yōko Ogawa, membro do xurado, gabou a obra por expandir os horizontes da literatura.[8] En 2016, a súa escolma de contos Ōkina tori ni sarawarenai yō recibiu o 44.º premio Izumi Kyōka de Literatura.[9]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "作家の読書道:第7回 川上 弘美さん". www.webdoku.jp. Consultado o 2024-12-10. 
  2. 2,0 2,1 "Japan Society of the UK - Japan Society Book Club: Record of a Night Too Brief by Hiromi Kawakami - Japan Society of the UK". web.archive.org. 2019-11-08. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 2024-12-10. 
  3. Ashley 2007.
  4. 4,0 4,1 "どっち派? 川上弘美と小川洋子 : ライフ : 読売新聞(YOMIURI ONLINE)". web.archive.org. 2018-09-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 2024-12-10. 
  5. Flanagan 2017.
  6. "各賞紹介|中央公論新社". www.chuko.co.jp. Consultado o 2024-12-10. 
  7. Dejima 2016.
  8. "小説賞 川上弘美 「水声」 : ライフ : 読売新聞(YOMIURI ONLINE)". web.archive.org. 2018-09-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2018. Consultado o 2024-12-10. 
  9. "泉鏡花文学賞:川上弘美さんが受賞". 毎日新聞 (en xaponés). Consultado o 2024-12-10. 
  10. "O maletín do mestre – Rinoceronte Editora". Consultado o 2024-12-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]