Saltar ao contido

Homínidos

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homínidos[1]
Rango fósil: 7-0 Millóns de anos

Un Humano (Homo sapiens) e un Chimpancé (Pan troglodytes)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Catarrhini
Superfamilia: Hominoidea
Familia: Hominidae
Gray, 1825
Xénero
Sinonimia
  • Pongidae Elliot, 1913
Diferenzas entre pares de bases de ADN dos homínidos

Os homínidos son os membros da familia taxonómica Hominidae (os "grandes simios"). Das especies actualmente presentes inclúe a:

Esta clasificación ten sido revisada varias veces nas últimas décadas, o que levou a un uso variado da palabra "homínido"[2]. O significado orixinal de Hominidae referíase tan só ao significado moderno de Hominina: os "humanos ou especies máis achegadas ca os chimpancés". O significado do termo cambiou gradualmente, ata o significado moderno de "homínido", que inclúe a tódolos grandes simios.

Un amplo número de xéneros extintos están clasificados a canda os humanos na subfamilia Homininae, mentres que outros cos orangutáns na subfamilia Ponginae. O antecesor máis recente dos Hominidae viviu hai 14 millóns de anos[3], cando os orangutáns se especiaron dos antecesores dos outros tres xéneros[4] Os devanceiros da familia Hominidae xa se tiñan especiado a partir da familia de Hylobatidae, seguramente arredor de hai 15-20 millóns de anos atrás[4][5].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Historia da taxonomía

[editar | editar a fonte]

A clasificación dos grandes simios foi revisada e esbozada de novo varias veces nas últimas décadas. Esas revisións derivaron no uso da palabra "homínido" con diferentes significados. O termo orixinal "Hominidade" referíase só aos actualmente clasificados como Hominini, que son só os humanos e os seus máis achegados antecesores. O significado deste taxon cambiouse ata chegar a ser o termo que abrangue a todos os grandes simios e humanos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Especies actuais

[editar | editar a fonte]

Das especies actualmente existentes, a clasificación aceptada é a clasificación das sete especies vivas en catro xéneros:

Ademais das actualmente presentes, hai restos fósiles de numerosas especies. Abaixo móstrase a taxonomía destas[6]

Familia Hominidae

  1. 1,0 1,1 Groves, Colin (2005). Wilson, D. E.; Reeder, D. M. eds. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. páx. 181–184.
  2. White, Tim D; Asfaw, Berhane; Beyene, Yonas; Haile-Selassie, Yohannes; Lovejoy, C. Owen; Suwa, Gen & WoldeGabriel, Giday (2009). "Ardipithecus ramidus and the Paleobiology of Early Hominids". Science 326 (5949): 64–86. PMID 19810190. doi:10.1126/science.1175802. 
  3. Andrew Hill & Steven Ward (1988). "Origin of the Hominidae: The Record of African Large Hominoid Evolution Between 14 My and 4 My". Yearbook of Physical Anthropology 31 (59): 49–83. doi:10.1002/ajpa.1330310505. 
  4. 4,0 4,1 Dawkins R (2004) The Ancestor's Tale.
  5. "Query: Hominidae/Hylobatidae". Time Tree. 2009. Consultado o December 2010. 
  6. Haaramo, Mikko (2005-01-14). "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive. 
  7. Haaramo, Mikko (2004-02-04). "Pongidae". Mikko's Phylogeny Archive. 
  8. Haaramo, Mikko. "Hominoidea". Mikko's Phylogeny Archive. 
  9. Haaramo, Mikko. "Hominidae". Mikko's Phylogeny Archive. 
  10. "Paleodb". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2013.