Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo
O Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG) é unha organización formada de acordo co Plan Ahtisaari sobre o proceso do estatuto de Kosovo, configurado para guiar o desenvolvemento democrático e promover a boa gobernanza de Kosovo, a súa multietnicidade e o mantemento do Estado de dereito.
O grupo é responsábel da supervisión do Representante Especial da Unión Europea para Kosovo (REUE), nomeado polo Consello da Unión Europea, como representante Civil Internacional para Kosovo (ICR).[1]
O ICR é a autoridade final en Kosovo en canto á interpretación do Plan e ten a "capacidade de anular decisións ou leis aprobadas polas autoridades de Kosovo e de sancionar e destituír a funcionarios públicos cuxas accións sexan contarias aos obxectivos do Plan.[2] O primeiro responsábel do ICR e a REUE en Kosovo foi o diplomático Pieter Feith.
Na Declaración de indpendencia de Kosovo en 2008 aceptábanse totalmente as obrigas do Plan Ahtisaari.[3] A reunión inaugural tivo lugar o xoves 28 de febreiro de 2008. O grupo foi declarado "ilegal" por Serbia[4] e condenado por Rusia.[5]
O 10 de setembro de 2012, o Grupo de Coordinación Internacional terminou formalmente a súa supervisión.[6]
Membros
[editar | editar a fonte]Hai 25 países que son membros do Grupo de Coordinación, dos cales 15 estaban xa na súa formación, e outros 10 que se uniron máis tarde. Todos os países do grupo recoñecen a declaración de independencia de Kosovo.
No proxecto do plan de Ahtisaari o ISG estaba composto por:
- Francia
- Alemaña
- Italia
- Rusia
- Reino Unido
- Estados Unidos
- Unión Europea
- Comisión Europea
- OTAN
O grupo está composto actualmente por 20 estados membros da UE e cinco países non comunitarios:
- Alemaña
- Austria
- Bélxica
- Bulgaria
- Croacia (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
- Dinamarca
- Eslovenia
- Estados Unidos
- Estonia
- Finlandia
- Francia
- Hungría
- Irlanda
- Italia
- Letonia
- Lituania (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
- Luxemburgo
- Noruega (que se uniu o 30 de xuño de 2008)
- Países Baixos
- Polonia
- Reino Unido
- República Checa
- Suecia
- Suíza
- Turquía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carta do 26 de marzo de 2007 do secretario xeral dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade, Adenda, Proposta Mundial para a Resolución do Estatuto de Kosovo" (PDF). Consello de Seguridade das Nacións Unidas. article 12.1. 26 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2012.
- ↑ "Carta do 26 de marzo de 2007 do secretario xeral dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade, Adenda, Proposta Mundial para a Resolución do Estatuto de Kosovo" (PDF). Consello de Seguridade das Nacións Unidas. article 2.3. 26 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2009. Consultado o 11 de setembro de 2012.
- ↑ "3. Aceptamos plenamente as obrigas para Kosovo contidas no Plan Ahtisaari, e acoller o cadro que propón parea orientar Kosovo nos próximos anos". (Da Declaración dos membros da Asemblea de Kosovo de 7 de febreiro de 2008).
- ↑ "Kosovo Steering Group enrages Serbia". Press TV. 2008-02-29. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012.
- ↑ "Russia protests Kosovo steering group establishment". RIA Novosti. 2008-03-03.
- ↑ (RIA Novosti)