ISO 9362
Aparencia
A norma ISO 9362 establece un código de identificación bancario empregado principalmente para facilitar as transferencias internacionais de diñeiro. Este código coñécese coma código SWIFT ou código BIC.
O código consta de 11 caracteres:
- Os primeiros catro caracteres identifican o banco;
- Os seguintes dous caracteres identifican o país (seguindo a norma ISO 3166-1);
- Os seguintes dous caracteres identifican a localidade;
- Os últimos tres caracteres son opcionáis e identifican a oficina; pódese empregar XXX para referirse á oficina principal.
Tamén se pode empregar unha versión abreviada de oito caracteres, na que se entende que a oficina referenciada é a principal.
A Society for Worldwide Interbank Financial Telecommunication (SWIFT) xestiona estes códigos, dos que existen ao redor duns 7.500 activos (para contrapartes conectadas activamente á rede BIC) e ao redor de 10.000 códigos adicionáis empregados en transaccións manuais.
Exemplos de códigos
[editar | editar a fonte]- O Banco Santander (BSCH) español (ES) en Madrid (MM) ten o código SWIFT BSCHESMMXXX.
- O Banco estadounidense (US) JP Morgan Chase (CHAS) en Nova York ten o código SWIFT CHASUS33XXX.
- O Banco da China (BKCH) en Hong Kong (HK) ten o código SWIFT BKCHHKHHXXX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cálculo e validación do IBAN, validación de CCC, Códigos BIC. (en castelán)
- Portal oficial de SWIFT sobre os códigos BIC Arquivado 18 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. (en inglés)
- Validador IBAN. (en inglés)