Igrexa de Hejnum
Igrexa de Hejnum | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Hejnum |
Coordenadas | 57°40′49″N 18°37′55″L / 57.68016667, 18.63197222 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Hejnum (sueco: Hejnums kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejnum, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A torre románica é a parte máis antiga da igrexa de Hejnum. Orixinalmente formou parte doutra igrexa dese estilo, pero a nave e o coro foron substituídos durante mediadoss do século XIII polos presentes, de estilo gótico. Durante unha escavación realizada en 1941 atopáronse restos da igrexa orixinal. Unha inscrición rúnica sobre o portal occidental da torre pon "Botvid stenmästare", referíndose a un mestre canteiro e arquitecto de Gotland do século XIII. A igrexa permanece case inalterada dende a Idade Media. No ano 1960 foi restaurada.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa está formada por unha nave, un coro máis estreito, unha sancristía e unha torre. A torre ten aperturas para as campás apoiadas por parteluces e cunha agulla octagonal. Varios relieves de pedra, un portal e partes dun friso da igrexa orixinal románica incorporáronse á fachada do presente edificio. O portal principal da igrexa está situado de xeito pouco común na cara norte, debido a que a igrexa está situada ao sur da estrada. As fiestras apuntadas, incluídas as tres delgadas fiestras do muro oriental do coro, son todas orixinais. O portal do coro ten decoración semellante á da igrexa de Hellvi e foi atribuída a un canteiro chamado Lavrans Botvidarsson. No seu interior a igrexa está decorada por dous conxuntos de frescos. Un data de ao redor do ano 1250 e o outro, do artista coñecido como Passionsmästaren, dó século XV[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o sur
-
Interior da igrexa
-
Cruz triunfal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejnums kyrka". Consultado o 12 de abril de 2018.