Saltar ao contido

Illa Rutland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Rutland
Imaxe

Localización
Mapa
 11°25′N 92°39′L / 11.42, 92.65
PaísIndia
Territorios da UniónAndaman e Nicobar Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie121,5 km² Editar o valor en Wikidata
Medición11 (ancho) × 18 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude433 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoExplorers Range (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A Illa Rutland é unha illa que se atopa no Estreito de Macpherson debaixo de Andaman do Sur. Como unha das illas Andaman, Rutland constitúe a illa máis meridional do arquipélago de Gran Andaman. Está separada da Pequena Andaman polo Paso Duncan. A illa esténdese por unha área de aproximadamente 109´3 km², e ten un litoral que mide uns 60 km.

As augas pouco profundas preto da illa son ricas en vida mariña cunha boa representación de pequenos peixe e coral. A illa tamén ofrece unha base ideal para a formación de mergulladores de augas abertas. A vexetación da illa de Rutland é similar á da illa Sentinel do Norte con chans de area seca.

A illa foi antigamente o fogar dos Jangil , un dos grupos indíxenas das illas Andaman. Os Jangil (tamén chamado "Rutland jarawa", xa que se pensaba que se relacionaron cos jarawa do sur de Andaman) ocuparon gran parte do interior da illa, as súas interaccións cos estranxeiros eran poucas e moi espazadas. Ata principios do século 20 só hai un puñado de encontros con persoas jangil documentadas. O último encontro documentado foi en 1907, e cando na década de 1920 unha expedición máis ampla explorou o interior da illa, non atopou rastros da súa civilización, dándose aos Jangil como extinguidos ((ref | AA)).

De cando en vez outros pobos indíxenas das illas Andaman, estableceron comunidades pesqueiras en Rutland. Con todo, a illa está na actualidade sen ningún tipo de asentamento indíxena permanente.