Saltar ao contido

Illa de Atka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Atka
(en) Atka Island Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Andreanof Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRegião Censitária de Aleutians West, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°08′17″N 174°26′43″O / 52.1380556, -174.4452778
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude402 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións32 (ancho) × 105 (lonxitude) km
Punto máis altoKorovin Volcano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (153.300 cm Editar o valor en Wikidata )
Superficie1.061 km²
404,93 mi² Editar o valor en Wikidata

A illa Atka (en inglés: Atka Island; en Unangam Tunuu ou en Aleutiano: Atxax[1]) é a illa máis grande do grupo das illas Andreanof, que á súa vez forman parte das illas Aleutianas, no estado norteamericano de Alasca. A illa está a 80 quilómetros ao leste da illa de Adak. Mide 105 quilómetros de longo e entre 3,2 e 32 km de largo, cunha superficie de 1.048 km², polo que é a 22ª illa máis grande dos Estados Unidos. No nordés da illa Atka atópase o volcán Korovin, que alcanza os 1.533 m. A illa Oglodak atópase a 5´5 km do cabo Kigun, o punto máis occidental da illa Atka.

A vila de Atka, está na parte leste da illa. O censo de poboación de 2000, determinou que a illa estaba habitada por 95 persoas, case todas na cidade de Atka.[2]

Vila de Atka no inverno

Durante a segunda guerra mundial estableceuse unha base militar na illa, que aínda permanece. O 5 de decembro de 2008, o presidente George W. Bush creou o Monumento Nacional en conmemoración dos eventos da segunda guerra mundial no Pacífico, máis especificamente na illa.[3] Un B-24 Liberator estrelado en Atka e un dos nove sitios do monumento.

  1. Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
  2. Atka Island: Blocks 1085 thru 1100 and Block 1103, Census Tract 1, Aleutians West Census Area, Alaska Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine. United States Census Bureau
  3. Walter, Eugene; Katherine Clark (2002). "The Arctic Circle". Milking the Moon: A Southerner's Story of Life on This Planet. New York: Three Rivers Press. ISBN 0-609-80965-2. The author describes his three years serving on Atka as a military cryptologist during World War II.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]