Saltar ao contido

Illa de Providencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla de Providencia
Imaxe

Localización
Mapa
 13°20′56″N 81°22′29″O / 13.3489, -81.3747
EstadoColombia
Entidade territorial administrativaRexión Insular de Colombia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie17 km² Editar o valor en Wikidata
Medición4 (ancho) × 7 (lonxitude) km
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webprovidencia-sanandres.gov.co Editar o valor en Wikidata

A Illa de Providencia é unha illa do mar Caribe de 17 km² que pertence ao Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e é territorio do municipio de Providencia dentro do departamento.

Pertence a Colombia, e pola súa extensión en quilómetros cadrados é a segunda en tamaño do departamento; ten 7 km de longo e 4 km de ancho. Localízase a 90 km ao norte da illa de San Andrés. A illa foi por moito tempo un lugar tranquilo e non tivo os efectos do turismo. Con todo o incremento do turismo e en particular do turismo ecolóxico puxérona na mira do interese dos visitantes. Tanto o mergullo como o esnórquel son moi practicados debido aos arrecifes de coral, a riqueza de fauna e flora mariña e as augas transparentes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista da Baía de Aguamansa

Descrición

[editar | editar a fonte]

Providencia é unha pequena illa do Caribe, situada a uns 80 km ao noroeste da súa irmá San Andrés e a uns 220 de Nicaragua. Xunto a ela atópase outro illote chamado Santa Catalina separada por unha canle natural de 150 m de amplitude.

Algúns accidentes naturais da illa son:

  • Baías: Catalina, Aguamansa, Manzanillo, Suroeste e Aguadulce.
  • Puntas: San Juan, Rocosa, Negra e Caimán.
  • Caios: Valle, Tres Hermanos, Casabaja e Cangrejo.

Ecosistemas

[editar | editar a fonte]

Providencia contén mostras dos diferentes ecosistemas do arquipélago, como son os mangleirais, as formacións coralinas, as praderías de pastos mariños e unha pequena extensión de bosque seco tropical.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

Chan rochoso de orixe volcánica. A illa está cruzada por un cordal orientado de norte a sur, cuxa altura máxima alcanza os 360 metros e é denominado O Pico (The Peak) onde nacen a maioría de fontes de auga doce, vitais para o municipio.

Hidroloxía

[editar | editar a fonte]

Providencia é a única illa dentro do Arquipélago que posúe fontes de auga permanentes ou intermitentes, dependendo da época do ano. Moitas destas correntes nacen na chamada Serranía Central e a súa lonxitude non supera o quilómetro e medio.

Parque nacional natural

[editar | editar a fonte]

O parque Old Providence McBean Lagoon sitúase ao nordés da illa, ten unha extensión de 995 hectáreas, das cales 905 son área mariña. Consta dun arrecife coralino protexido, unha zona de mangleiral, a lagoa de McBean e os caios dos Tres Irmáns e Cangrexo.

O parque é na actualidade a única zona protexida a nivel nacional no Caribe oceánico colombiano. Posúe o arrecife de coral máis extenso de Colombia, cun total de 32 km de longo. Debido ao carácter especial de McBean Lagoon e do arrecife adxacente, foi declarado parque en 1995 e pasou a formar parte da Reserva de Biósfera "Seaflower" desde 2000 e das Áreas Protexidas do Arquipélago desde 2004. Old Providence ademais foi creado co propósito de deter a urbanización acelerada que plneaba destruír gran parte do mangleiral.

Vida silvestre

[editar | editar a fonte]

Vexetación e flora

[editar | editar a fonte]

Os mangleiros son árbores de diferentes especies que se adaptaron a vivir en zonas costeiras con influencia mariña e xogan un papel importante como lugares de reprodución e cría de numerosas especies de peixes, crustáceos e moluscos. En Providencia abundan as seguintes especies de mangleiros: Rhizophora brevistyla, Laguncularia racemosa e Pelliciera rhizophorae.

En Providencia a vexetación dominante é o bosque seco tropical, onde abunda o Cock-spur (Acacia collinsii e acacia cornigera), o chaparro (Byrsonima crassifolia), o resbalamano (Bursera simaruba) e a oliveira (Capparis), ademais de contar con algunhas árbores de manga. Tamén se encontran diversas palmas, entre elas a pactá (Coccothrinax jamaicensis), endémica da zona.

Nos caios predominan as palmeiras cocoteiras, ficus e as matogueiras de icaco, que serven de niño para as aves fragata. A vexetación mariña ao redor dos caios é variada, e conta con tres especies de algas e dúas de pastos mariños.

Debido ao carácter insular e oceánico, a fauna terrestre é limitada e presenta un alto grao de endemismo. Atopáronse unha soa especie de ra (Leptodactylus insularis) así como unha de tartaruga terrestre (Geochelone carbonaria). Reportáronse ademais 2 especies de serpes (Boa constrictor imperator e Leptotyphlops magnamaculata), 6 de saurios, 10 de aves, 4 de tartarugas mariñas e algunhas poucas de mamíferos.

Os primeiros desembarcos puideron ser entre 1498 e 1502 por parte de corsarios holandeses, ingleses, españois e posteriormente de xamaicanos. Os primeiros africanos foron traídos á illa a mediados do século XVII para traballar en cultivos de tabaco e algodón que serían a principal economía da illa nos tempos sucesivos. En 1629 construíuse o primeiro asentamento da illa á que chamaron New Westminster ou Nova Westminster no que hoxe é Old Town que se localiza ao Sur da Capital Santa Isabel.

Municipio de Providencia e Santa Catalina

[editar | editar a fonte]
Localización dos centros poboados de San Andrés e Providencia, Colombia

Fundado durante o século XVIII alcanza o seu status como municipio só en 1952. Este atópase formado polas Illas de Providencia e Santa Catalina a unha altura de 12 metros sobre o nivel do mar, cunha temperatura media de 26 graos centígrados, con aprox. 5.000 habitantes e 18 km² de extensión en total.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Cambios radicais a través de toda a súa historia precolombiana: Segundo estudos do Instituto de Xenética Humana da Universidade Javeriana Aspectos demográficos; MENDOZA, Roberto, Ignacio M. Zarante e Gustavo Valbuena, Instituto de Xenética Humana, Universidade Javeriana, Bogotá, (data por definir), o seguinte é o censo segundo o Departamento Administrativo Nacional de Estatística, DANE (Cabrera, 1980, DANE 1993): a idade media é de 30 anos, nunha poboación total de 3.836 persoas en todo o municipio. A raza predominante é a afroantillana.

Constitución urbana

[editar | editar a fonte]

A cabeceira municipal atópase no sector de Santa Isabel. Outros sectores son Puebloviejo, Buenavista, Aguadulce, Aguamansa, Sur Oeste, Casa Baja, Punta Rocosa, A Montaña, Pueblo Libre, San Felipe. As comunicacións entre os diferentes sectores dáse a través da estrada única (circunvalar) que bordea todo o litoral da illa.

Economía

[editar | editar a fonte]

Agricultura, gandería, pesca e ecoturismo (este último requirido por visitantes nacionais, especialmente do interior do país, de Centroamérica e o Caribe). A produción municipal é levada á capital do departamento (San Andrés).

Entroido da Vella Providencia e Festas de Nadal.