Involucrum
Aparencia
Involucrum | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
En traumatoloxía, Involucrum é unha capa de óso de nova formación que medra fóra do lugar que lle corresponde no propio óso.[1] É unha complicación da osteomielite.[2] Resulta da descamación do periósteo por mor da acumulación de pus, e óso novo medrando do periósteo. Pode ser diagnosticado mediante probas de imaxe, como radiografías, máis é extremadamente pouco habitual en países desenvolvidos, xa que a osteomielite trátase antes de se producir complicacións coma o involucrum ou o secuestro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Involucrum: diccionario médico (inglés)
- ↑ Radiographic Imaging in Osteomyelitis: The Role of Plain Radiography, Computed Tomography, Ultrasonography, Magnetic Resonance Imaging, and Scintigraphy Dispoñíbel aquí. (inglés)