Isabelle Eberhardt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1877 Xenebra, Suíza |
Morte | 21 de outubro de 1904 (27 anos) Aïn Séfra (pt) |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Lugar de sepultura | Aïn Séfra (pt) |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | exploradora, xornalista, escritora |
Pseudónimo literario | Mahmoud Saadi Nicolas Podolinsky |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Nai | Natalia Nicolaievna Eberhardt |
Cronoloxía | |
29 de xaneiro de 1901 | tentativa de asasinato |
1897 | Conversión (Annaba) |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
Isabelle Eberhardt, nada en Xenebra o 17 de febreiro de 1877 e finada en Aïn Séfra (Alxeria) o 21 de outubro de 1904, foi unha exploradora e escritora suíza que viviu e viaxou polo Norte de África. Para a súa época, foi unha persoa libre que rexeitaba a moral europea, que seguía o seu propio camiño no islam e que escribiu varios libros das súas viaxes por África.[1] Morreu nunha inundación repentina no deserto á idade de 27 anos.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antecedentes e viaxe a África
[editar | editar a fonte]Eberhardt naceu en Xenebra (Suíza), filla de Nathalie Moerder (de solteira Eberhardt, que era filla ilexítima dun alemán luterano e unha xudía rusa de clase media[3][4]) e do seu amante Alexandre Trophimowsky, un antigo sacerdote ortodoxo anarquista orixinario de Armenia.[5] A nai de Isabelle, Nathalie, estivo casada co senador Pavel Karlovitch de Moerder, corenta anos máis vella ca ela, quen mantiña conexións co imperio.[6] De Moerder contratou a Trophimowsky como titor dos seus fillos Nicolas, Nathalie e Vladimir.[7] Arredor de 1871, Nathalie colleu os seus fillos e abandonou o seu marido por Trophimowsky, que deixara a súa propia esposa e familia.[8][9] Marcharon a Rusia, Turquía e Italia antes de establecerse en Xenebra.[10] Nathalie deu a luz outra vez pouco despois de chegar a Xenebra o medio irmán de Isabelle, Augustin, e catro meses máis tarde chegoulle a noticia de que o seu esposo morrera dun ataque ao corazón.[11] Nathalie decidiu quedar en Suíza e catro anos despois naceu Isabelle e foi rexistrada como filla "ilexítima" para evitar recoñecer a paternidade do titor.
A pesar diso, Isabelle foi educada adecuadamente.[11][12] Falaba fluídamente en francés, ruso, alemán e italiano.[6] Aprendeu latín e grego e estudou árabe clásico, ademais de ler o Corán co seu pai; grazas a todo iso volveuse fluída en árabe.[1][13] Desde moi temperá idade prefería vestirse como un home para gozar a liberdade que isto lle permitía.[14][15]
En 1888 o seu medio irmán Augustin foi á Lexión Estranxeira Francesa e foi asignado a Alxeria.[16] Isto espertou o interese de Isabelle por Oriente e comezou a aprender árabe. A súa primeira viaxe ao norte de África foi coa súa nai en maio de 1897. Aínda que planeaban reunirse con Augustin, tamén estaban a considerar comezar unha nova vida alí[17] e converterse ao islam, cumprindo así un antigo soño. Con todo, a súa nai morreu repentinamente en Annaba e foi enterrada alí baixo o nome de Fatma Mannoubia.[18]
Trophimowsky, o pai de Isabelle, morreu en Xenebra en 1899[11] de cancro de gorxa coidado por Isabelle,[19] e isto seguira ao suicidio do seu medio irmán Vladimir un ano antes, e o matrimonio de Augustin cunha muller francesa coa que Isabelle non tiña nada en común (ela escribiu: «Augustin está dunha vez por todas dirixido nos camiños trillados da vida»), polo que se cortaron todos os vínculos da súa vida anterior.[20] De aquí en diante, como describiu nos seus diarios, Isabelle Eberhardt pasou o resto da súa vida en África, explorando o deserto e facendo do norte de Alxeria o seu novo fogar.[6]
Viaxes espirituais
[editar | editar a fonte]Vestida como home e facéndose chamar Si Mahmoud Essadi, Eberhardt mergullouse na cultura árabe cunha liberdade que doutro xeito non coñecería. Converteuse ao islam, o que considerou o seu verdadeiro obxectivo na vida.[22][23]
Nas súas viaxes fixo contacto cunha orde sufí, a Qadiriyyah, quen estaban dedicados a axudar os pobres e necesitados ao mesmo tempo que loitaban contra as inxustizas do réxime colonial. A principios de 1901, foi atacada en Behima por un home cun sabre, nun aparente intento de asasinala, deixándoa case sen un brazo. Máis tarde perdoou o home e salvouno de ser executado. Casou con Slimane Ehnni, un soldado alxeriano, en Marsella o 17 de outubro de 1901.[24]
O 21 de outubro de 1904, Eberhardt morreu nunha inundación en Aïn Séfra (Alxeria).[25] Ao reunirse co seu marido despois de estar separada un longo tempo, alugou unha casa para a ocasión. A casa, construída de arxila, derrubouse sobre a parella durante a inundación; o seu marido foi arrastrado, mais sobreviviu.[1] Foi enterrada de acordo aos ritos islámicos en Aïn Séfra. Na súa tumba en mármore aparecen gravados o nome árabe que adoptou e o seu nome orixinal francés.[26][27] Slimane Ehnni morreu en 1907.
Obras
[editar | editar a fonte]Eberhardt escribiu sobre as súas viaxes en moitos libros e xornais franceses. Traballou como reporteira de guerra no sur de Orán en 1903.
- "Dans l'ombre chaude de l'Islam" (París: Fasquelle, 1906)
- "Notes de route: Maroc-Algérie-Tunisie" (París: Fasquelle, 1908)
- "Au Pays des sables" (Bône, Alxeria: Em. Thomas, 1914)
- "Pages d'Islam" (París: Fasquelle, 1920)
- Trimardeur (París: Fasquelle, 1922)
- "Mes journaliers; précédés de la Vie tragique de la bonne nomade par René-Louis Doyon" (París: La Connaissance, 1923)
- "Amara le forçat; L'anarchiste: Nouvelles inédites" (Abbeville: Frédéric Paillard, 1923)
- "Contes et paysages" (París: La Connaissance, 1925)
- "Yasmina et autres nouvelles algériennes" (París: Liana Levi, 1986)
- "Ecrits sur le sable" (París: Éditions Grasset, 1988)
- "Rakhil: Roman inédit" (París: La Boîte à documents, 1990)
- "Un voyage oriental: Sud Oranais" (París: Le Livre de Poche, 1991)
- "Amours nomades" (París: Éditions Gallimard, 2003)
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Eberhardt foi interpretada por Mathilda May no filme de 1991 Isabelle Eberhardt, que coprotagonizou Peter O'Toole como un oficial colonial francés.[28] Leslie Thornton dirixiu unha biografía en 1988, There Was An Unseen Cloud Moving, con sete actrices non profesionais interpretando a Eberhardt.
- O 24 de febreiro de 2012, estreouse na cidade de Nova York unha ópera composta por Missy Mazzoli, Song from the Uproar: The Lives and Deaths of Isabelle Eberhardt.[29]
- Isabelle Eberhardt é mencionada nunha canción de Jolie Holland "Old Fashioned Morphine", que apareceu no seu segundo álbum, Escondida.
- Timberlake Wertenbaker escribiu a obra de teatro New Anatomies sobre Isabelle Eberhardt.[30]
- Visions Of Isabelle[31] por William Bayer é un relato de ficción sobre a vida de Isabelle Eberhardt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Eberhardt, Isabelle (1877–1904)". Women in World History: A Biographical Encyclopedia via HighBeam Research. xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2012.
- ↑ Abdel-Jaouad, Hedi (1993). "Isabelle Eberhardt: Portrait of the artist as a young nomad" 2 (83): 93–117.
- ↑ Bodley 1968, p. 141.
- ↑ Abdel-Jaouad 1993, p. 95.
- ↑ Abdel-Jaouad, Hedi (1993). Isabelle Eberhardt: Portrait of the Artist as a Young Nomad (en inglés). p. 93. Consultado o 23 de xaneiro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Rentsch, Steffi (febreiro de 2004). "Stillgestellter Orient – 100th anniversary of death of Isabelle Eberhardt" (PDF). Essays (en alemán). Kritische Ausgabe. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de decembro de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ Mackworth 1977, p. 10.
- ↑ Blanch 2010, p. 247.
- ↑ Bodley 1968, p. 142.
- ↑ Mackworth 1977, p. 11.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Chouiten 2012, pp. 59–66.
- ↑ Blanch 2010, p. 248.
- ↑ Crítica de Eve Auchincloss de The Life of Isabelle Eberhardt de Annette Kobak Knopf. Washington Post, 21 de maio de 1989
- ↑ Blanch 2010, p. 250.
- ↑ Kobak, Annette, Isabelle: The Life of Isabelle Eberhardt. London: Chatto & Windus; Nova York: Alfred A. Knopf, 1988; Londres: Virago Classic, 1998.
- ↑ Mackworth 1977, p. 31.
- ↑ Mackworth 1977, p. 24.
- ↑ "Isabelle Eberhardt, Reporter et Voyageuse". Feuille d'Avis Officielle. Canton Geneva. 2 de setembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ Mackworth 1977, p. 50.
- ↑ "That is what must be, and so it shall be.". From the Journals.
- ↑ Stryker 2013, p. 641.
- ↑ Eberhardt, Isabelle (1906). Dans l'ombre chaude de l'Islam (en francés). Charpentier et Fasquelle.
- ↑ "Isabelle Eberhardt, sa voie et sa foi en l'Islam | la Revue Littéraire et Culturelle" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Vuilleumie, Marc (7 de novembro de 2005). "Eberhardt, Isabelle". Biografía (en alemán). Swiss Historical Lexikon. Consultado o 20 de xuño de 2012.
- ↑ Bodley 1968, p. 164.
- ↑ Aldrich 1996, p. 158.
- ↑ Bodley 1968, p. 165.
- ↑ Isabelle Eberhardt(1991) at Turner Classic Movies
- ↑ Mullins, Lisa (24 de febreiro de 2012). "'Song from the Uproar': An Opera on Isabelle Eberhardt". Public Radio International. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2016.
- ↑ "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ ISBN 0-440-09315-5
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabelle Eberhardt |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abdel-Jaouad, Hedi (1993). "Isabelle Eberhardt: Portrait of the Artist as a Young Nomad". Yale French Studies (83): 93–117. JSTOR 2930089. doi:10.2307/2930089.
- Aldrich, Robert (1996). Greater France: A History of French Overseas Expansion. Macmillan, London. ISBN 978-0-312-16000-5.
- Bayer, William (1976). Visions of Isabelle. Delacorte Press. ISBN 978-0-440-09315-2.
- Belenky, Masha (2011). "Nomadic Encounters: Leïla Sebbar Writes Isabelle Eberhardt". Dalhousie French Studies 96: 93–105. ISSN 0711-8813. JSTOR 23621483.
- Blanch, Lesley (2010). The Wilder Shores of Love. Simon and Schuster. ISBN 978-1-4391-9734-9.
- Bodley, R.V.C. (1968). The Soundless Sahara. Robert Hale Limited. ISBN 978-0-7091-0066-9.
- Chouiten, Lynda (2012). Dictionary of Literary Biography: Orientalist Writers 366. Coeli Fitzpatrick. pp. 59–66. ISBN 978-0-7876-8184-5.
- Clancy-Smith, Julie Ann (1994). Rebel and Saint : Muslim Notables, Populist Protest, Colonial Encounters (Algeria and Tunisia, 1800–1904). Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-92037-8.
- Foster, Verna A. (2007). "Reinventing Isabelle Eberhardt: Rereading Timberlake Wertenbaker's New Anatomies" (PDF). Connotations: A Journal for Critical Debate 17. ISSN 0939-5482. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 04 de xullo de 2021.
- Mackworth, Cecily (1977). The Destiny of Isabelle Eberhardt. Quartet Books. ISBN 0-7043-3172-1.
- Pears, Pamela A. (29 de outubro de 2015). Front Cover Iconography and Algerian Women's Writing. Lexington Books. ISBN 978-0-7391-9837-7.
- Stryker, Susan (2013). The Transgender Studies Reader. Routledge. p. 641. ISBN 978-1-135-39884-2.
- Waldman, Diane (1 de marzo de 1999). Feminism and Documentary. University of Minnesota Press. ISBN 978-0-8166-3007-3.