Saltar ao contido

Jack White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJack White

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Anthony Gillis Editar o valor en Wikidata
9 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Detroit, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNashville Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal Wayne
Cass Technical High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, batería, pianista, cantautor, produtor musical, mandolinista, actor, compositor, cantante, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e Blues Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Mandolina, voz, piano, Batería e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoXL Recordings
Third Man Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalMeg White: The White Stripes Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeOlivia Jean (2022–)
Karen Elson (2005–2013)
Meg White (1996–2000) Editar o valor en Wikidata
ParellaRenée Zellweger (2002–2004) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjackwhiteiii.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1226421 Allocine: 94145 Allmovie: p367472 TV.com: people/jack-white
Facebook: jackwhite Twitter: thirdmanrecords BNE: XX4987829 Souncloud: jackwhiteiii Spotify: 4FZ3j1oH43e7cukCALsCwf iTunes: 826980 Last fm: Jack+White Musicbrainz: 3ae2fb37-8a23-429d-9920-bac811c4fc22 Songkick: 757422 Discogs: 278763 Allmusic: mn0000128873 WikiTree: Gillis-2187 Deezer: 1945 Genius: Jack-white Editar o valor en Wikidata

Jack White, nado como John Anthony Gillis o 9 de xullo de 1975 en Detroit, é un músico de rock e produtor musical estadounidense. É coñecido sobre todo polo seu traballo como cantante e guitarrista da banda de rock The White Stripes, onde tocaba xunto Meg White.

Durante os anos 90 White tocou en varias bandas underground de Detroit mentres traballaba de tapiceiro. En 1997 formou The White Stripes e, despois de dous álbums aclamados pola crítica, co seu terceiro disco, White Blood Cells, acadaron a fama internacional. White ocupa o posto 17 na lista da Rolling Stone dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos. O seu éxito con The White Stripes permitiulle colaborar con outros recoñecidos músicos coma Beck, The Rolling Stones, Jeff Beck, Alicia Keys, Bob Dylan e Loretta Lynn. No ano 2005 White fundou a banda The Raconteurs e no 2009 o seu terceiro grupo, The Dead Weather.

En xaneiro do ano 2011 Jack e Meg White anunciaron a disolución de The White Stripes a través dun comunicado na súa páxina web[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

John Anthony Gillis foi o menos dos dez fillos de Teresa e Gorman Gillis e medrou no seu dunha familia católica. Os seus pais traballaban na arquidiócese de Detroit, o pai como encargado de mantemento e a nai como secretaria do cardeal. White chegou a ser monaguillo, o que o levou a un papel na película de 1987 The Rosary Murders, filmada principalmente ba parroquia de Holy Redeemer no suroeste de Detroit. De neno gustáballe a música clásica. Jack asistiu ao prestixioso Cass Technical High School en Detroit, onde estudou música.

Jack medrou nun barrio de clase media no suroeste de Detroit e comezou a tocar instrumentos (a batería) aos seis anos. Na adolescencia xa escoitaba o blues e o rock dos 60 que sería a súa influencia principal para The White Stripes, Son House e Blind Willie McTell estaban entre os seus músicos de blues favoritos. Xunto co seu amigo Dominic Suchyta escoitaba discos no seu ático os fins de semana, e comezaron a gravar versións nun gravador de 4 pistas.

Aos 15 anos White entrou de aprendiz de tapiceiro cun amigo da familia, Brian Muldoon, co que estivo tres anos. White fala de Muldoon como a persoa que lle ensinou a música punk e comezou a tocar con el. Muldoon tocaba a batería e Jack a guitarra e os dous gravaron un álbum, Makers of High Grade Suites, como The Upholsterers. Posteriormente White comezou un negocio de tapiceiro el só, Third Man Upholstery. O eslogan do seu negocio era "Os seus mobles non están mortos" e a súa cor era o amarelo e o negro. Aínda que a Third Man Upholstery nunca lle faltou o traballo, White afirma que nunca foi rendible. Pouco despois White conseguiu o seu primeiro concerto profesional, como batería da banda de Detroit Goober & the Peas. Tamén tocou noutros grupos locais e realizou concertos en solitario.

White con The White Stripes

The White Stripes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: The White Stripes.

White formou The White Stripes en 1997, axunto con Meg White. A banda comezou a súa carreira como parte da escena garage rock de Míchigan, tocando con grupos locais como Bantam Rooster, The Dirtbombs, The Paybacks, Rocket 455 ou The Henchmen. En 1998 The White Stripes asinaron con Italy Records, un pequeno selo independente de garage punk baseado en Detroit. A banda editou o seu álbum de estrea,, The White Stripes, en 1999 e un ano despois foi seguido por De Stijl. Este último acadaría o número 38 na lista de álbums independentes da Billboard cando a banda comezou a facerse popular. Nas actuación e nos vídeos musicais Jack e Meg eran doadamente recoñecibles polas súas roupas brancas, vermellas e negras.

No ano 2001 a banda lanzou White Blood Cells. O álbum, con menos son garage rock, foi un éxito de crítica no Reino Unido e pouco despois nos Estados Unidos, facendo de The White Stripes unha das bandas máis aclamadas do 2002. No 2003 seguiríalle o exitoso Elephant, sendo o seu sinxelo "Seven Nation Army" o de maior éxito na historia da banda.

O quinto traballo do grupo, Get Behind Me Satan, foi gravado na propias casa de White e marcou un cambio na dirección musical da banda, con melodías conducidas polo piano e experimentación con marimba, ademais de guitarras máis rítmicas. O seu seto traballo, Icky Thump, publicado no 2007, entraría na lista de álbums británica no primeiro posto e estraríase no 2 na Billboard 200 estadounidense. O son do álbum incluía máis influencias punk, garage e blues que o anterior. A finais dese ano anunciouse a cancelación de 18 concertos debido a problemas de ansiedade de Meg White.

White revelou plans para editar un sétimo traballo para o verán do 2009. Porén, isto nunca ocorreu. A banda realizou a súa primeira (e única) aparición dende setembro do 2007 no programa de televisión Late Night with Conan O'Brien o 20 de febreiro do 2009. Esta sería a derradeira actuación de The White Stripes que anunciaría a súa disolución en febreiro de 2011.

Con The Raconteurs

The Raconteurs

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: The Raconteurs.

White formou The Raconteurs no ano 2005 xunto con Brendan Benson, Jack Lawrence e Patrick Keeler. A orixe da banda foi a canción "Steady, As She Goes" que White compuxo con Benson. Esta inspirounos para crear unha banda incorporando a Lawrence e Keeler. O grupo reuniuse en Detroit no 2005 e durante ese ano gravaron cando o tempo llo permitia. O seu álbum de estrea, Broken Boy Soldiers, foi gravado na casa de Benson en Detroit. The Raconteurs comezou unha xira de promoción do álbum, onde se incluíron 8 concertos como abreconcertos de Bob Dylan. O seu segundo traballo, Consolers of the Lonely, apareceu no 2008.

The Dead Weather

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: The Dead Weather.

A principios do 2009 Jack White formou unha nova banda chamada The Dead Weather coa líder de The Kills Alison Mosshart. White encargouse da batería e das voces, mentres que o baixista de The Raconteurs Jack Lawrence, e o teclista e guitarrista de Queens of the Stone Age Dean Fertita completaron a formación.

O grupo estreouse ao vivo no mes de marzo en Nashville, interpretando un feixe de cancións que aparecerían no seu primeiro álbum, Horehound, que se editaría no mes de xullo a través do selo de White, Third Man Records.

No mes de outubro Mosshart confirmou que un segundo traballo estaba a medio camiño. O seu priemiro sinxelo, "Die By The Drop", lanzouse en marzo do 2010 e o álbum, Sea of Cowards, sería editado no mes de maio novamente polo selo Third Man Records.

En solitario

[editar | editar a fonte]

No ano 2008 White colaborou con Alicia Keys na canción "Another Way to Die", o tema da película de James Bond Quantum of Solace. Tamén interpretou cinco temas da banda sonora da película Cold Mountain; "Sittin' On Top Of The World", "Wayfaring Stranger", "Never Far Away", "Christmas Time Soon Will Be Over" e "Great High Mountain".

No 2009 Jack White apareceu en It Might Get Loud, unha película documental na que el, Jimmy Page e The Edge reúnense para discutir sobre a guitarra eléctrica e as distintas técnicas de cada un. O primeiro sinxelo en solitario de White, "Fly Farm Blues", foi composto e gravado en 10 minutos durante a rodaxe do documental no mes de agosto do 2008. O sinxelo apareceu como un vinilo de 7" a través do selo Third Man Records e como descarga dixital en iTunes o 11 de agosto.

En novembro do 2010 o produtor Danger Mouse anunciou que White fora recrutado para a súa colaboración con Daniele Luppi, titulada Rome, xunto con Norah Jones. White encargouse das voces en tres cancións do álbum: "The Rose with the Broken Neck", "Two Against One" e "The World".

Discografía en solitario

[editar | editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2014. Consultado o 10 de febreiro de 2011.