James M. Cain
Nome orixinal | (en) James Mallahan Cain |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xullo de 1892 Annapolis, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de outubro de 1977 (85 anos) University Park, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | sen valor |
Educación | Washington College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actividade literaria, guión cinematográfico e xornalismo |
Ocupación | guionista, reporteiro, escritor, xornalista, novelista, guionista de cinema |
Período de actividade | 1934 - |
Empregador | The Baltimore Sun (pt) |
Xénero artístico | Ficción detectivesca |
Carreira militar | |
Rama militar | 79th Infantry Division (en) |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
James Mallahan Cain, nado o 1 de xullo de 1892 e finado o 27 de outubro de 1977, foi un escritor, xornalista e novelista norteamericano. Foi especialmente coñecido polas súas novelas de ambiente sórdido, englobadas dentro da novela negra, do que é un dos seus máximos representantes xunto a Raymond Chandler e Dashiell Hammett.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cain naceu nunha familia católica de orixe irlandesa en Annapolis (Maryland). Fillo dun eminente profesor e unha cantante de ópera, herdou o amor pola música da súa nai, pero a esperanza de converterse nunha estrela decaeu cando a súa nai lle dixo que a súa voz non era o bastante boa. Despois de graduarse no Washington College, en 1917 alistouse no exército para combater en Francia no útlimo ano da Primeira guerra mundial, e comezou a escribir para a revista da armada. De volta aos Estados Unidos continuou co seu traballo de xornalista ata que comezou con obras de ficción.
A crítica puntualizou que a fórmula básica da maioría das obras de Cain son case sempre un home que cae por culpa dunha muller, converténdose nun criminal e cómplice dela.
Cain casou en tres ocasións, sendo o seu matrimonio máis coñecido o segundo, coa actriz Aileen Pringle, que acabou cun divorcio dous anos despois tras unha relación tempestuosa.
Cain escribiu toda a súa vida, se ben a maioría das súas novelas foron publicadas a partir de 1940, pero nunca conseguiu repetir os éxitos da primeira etapa. Morreu alcohólico con 85 anos.
A súa obra máis coñecida, The Postman Always Rings Twice, foi levada ó cine catro veces:
- 1939 Le Dernier Tournant, dirixida por Pierre Chenal con Michel Simon como Nick.
- 1942 Ossessione, dirixida por Luchino Visconti con Clara Calamai e Massimo Girotti. O nome de Cain non aparece nos títulos de créditos, pero este caso de infracción de copyright non foi perseguido por ser contemporáneo da Segunda guerra mundial.
- 1946 The Postman Always Rings Twice, dirixida por Tay Garnett, é a versión máis coñecida, con Lana Turner e John Garfield como protagonistas.
- 1981 The Postman Always Rings Twice, remake baseado nun guión de David Mamet, dirixida por Bob Rafelson, con Jack Nicholson e Jessica Lange como protagonistas.
Ademais, en 1982 fíxose unha ópera, cun libreto adaptado por Colin Graham e musicado por Stephen Paulus, estreada no Teatro da Ópera de San Luis en 1982.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Our Government (1930)
- The Postman Always Rings Twice (1934) (a partir dela fixéronse catro películas e unha ópera)
- Serenade (1937) (levada ó cine por Anthony Mann en 1956)
- Mildred Pierce (1941) (levada ó cine por Michael Curtiz en 1945)
- Love's Lovely Counterfeit (1942) (levada ó cine por Allan Dwan en 1956)
- Career in C Major and Other Stories (1943)
- Double Indemnity (1943) (levada ó cine por Billy Wilder en 1944 co título de Double Indemnity)
- The Embezzler (1944) (publicada por primeira vez en 1938 co título de Money and the Woman)
- Past All Dishonor (1946)
- The Butterfly (1947) (levada ó cine por Matt Cimber en 1982)
- The Moth (1948)
- Sinful Woman (1948)
- Jealous Woman (1950)
- The Root of His Evil (1951) (tamén titulada Shameless)
- Galatea (1953)
- Mignon (1962)
- The Magician's Wife (1965)
- Rainbow's End (1975)
- The Institute (1976)
- The Baby in the Icebox (1981)
- Cloud Nine (1983)
- The Enchanted Isle (1985) (levada ó cine por Lucas Platt en 1995 como Girl in the Cadillac)