Jane Darwell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Patti Woodard 15 de outubro de 1879 Condado de Marion, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 13 de agosto de 1967 (87 anos) Woodland Hills (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, actriz |
Período de actividade | 1913 - |
Premios | |
| |
|
Patti Woodard, nada en Palmyra (Missouri) o 15 de outubro de 1879 e finada nos Ánxeles o 13 de agosto de 1967, foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jane Darwell.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou piano e arte dramática nun momento pensou en facerse monxa, pero cambiou de opinión e converteuse en actriz. Comezou a actuar en Chicago e debutou no cinema en 1913. Tras aparecer en preto de vinte filmes en dous anos volveu ao teatro. Tras quince anos reincorporouse ao cinema en 1930, comezando a súa carreira como actriz de carácter en Hollywood. O seu físico levouna en ocasións a interpretar a nai dun protagonista. En cinco filmes de Shirley Temple interpretou a súa avoa ou unha ama.
Gañou o Oscar á mellor actriz secundaria polo seu papel de "Ma Joad" en As uvas da ira (1940), personaxe á que chegou pola insistencia do protagonista, Henry Fonda.
Traballou tamén na televisión, e o seu último papel foi a muller que dá de comer ás pombas en Mary Poppins (1964), traballo que lle ofreceu persoalmente Walt Disney[1] a pesar da súa mala saúde.
Filmografía parcial
[editar | editar a fonte]- The Master Mind (1914)
- The Only Son (1914)
- The Man on the Box (1914)
- Rose of the Rancho (1914)
- The Goose Girl (1915)
- After Five (1915)
- Tom Sawyer (1930)
- Huckleberry Finn (1931)
- Back Street (1932)
- Hot Saturday (1932)
- Child of Manhattan (1933)
- Air Hostess (1933)
- Design for Living (1933)
- Heat Lightning (1934)
- Once to Every Woman (1934)
- Change of Heart (1934)
- The White Parade (1934)
- Bright Eyes (1934)
- Tomorrow's Youth (1935)
- One More Spring (1935)
- Life Begins at Forty (1935)
- Curly Top (1935)
- Captain January (1936)
- The Poor Little Rich Girl (1936)
- Craig's Wife (1936)
- Ramona (1936)
- Private Number (1936)
- Slave Ship (1937)
- The Singing Marine (1937)
- Wife, Doctor and Nurse (1937)
- Three Blind Mice (1938)
- Little Miss Broadway (1938)
- Up the River (1938)
- The Zero Hour (1939)
- The Rains Came (1939)
- Foise co vento (1939)
- As uvas da ira (1940)
- Untamed (1940)
- The Devil and Daniel Webster (1941)
- All Through the Night (1941)
- The Ox-Bow Incident (1943)
- Tender Comrade (1943)
- Music in Manhattan (1944)
- The Impatient Years (1944)
- Sunday Dinner for a Soldier (1944)
- I Live in Grosvenor Square (1945)
- Captain Tugboat Annie (1945)
- There's Always Tomorrow (1946)
- Three Wise Fools (1946)
- My Darling Clementine (1946)
- The Red Stallion (1947)
- 3 Godfathers (1948)
- Red Canyon (1949)
- Caged (1950)
- Caravana de paz (1950)
- The Second Face (1950)
- The Lemon Drop Kid (1951)
- Journey Into Light (1951)
- We're Not Married! (1952)
- The Sun Shines Bright (1953)
- It Happens Every Thursday (1953)
- O bígamo (1953)
- Affair with a Stranger (1953)
- A Life at Stake (1954)
- Hit the Deck (1955)
- Girls in Prison (1956)
- The Last Hurrah (1958)
- Hound-Dog Man (1959)
- Mary Poppins (1964)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MovieActors.com". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jane Darwell |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jane Darwell na IMDb (en inglés).