Saltar ao contido

Janjawid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Janjaweed dacabalo.

Janjawid (جنجويد, en árabe; janjaweed, en inglés) é un termo xenérico para designar unha milicia que opera en Darfur, Sudán. Conforme a definición das Nacións Unidas, os janjawid son criminais que se presentan como árabes, aínda que sexan en xeral provenientes de tribos africanas nómades de fala árabe. Desde 2003, tiveron papel central no sanguento conflito de Darfur, que enfronta a poboación árabe musulmá do Sudán aos musulmáns non árabes da rexión por cuestións de distribución de terras e recursos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Considérase que o termo janjawid provén dun dialecto do Sudán occidental. En árabe coloquial, significa "hordas".

A palabra parece ter a súa orixe nunha variante de dos termos persa, jang, "guerra", e jangawi, "guerreiro".

O conflito

[editar | editar a fonte]

De acordo cunha investigación dos crimes de guerra en Darfur realizada pola ONU na segunda metade do 2005, había probas de estupro amplo e sistemático en dous anos de conflito. Nun dos incidentes relatados, unha muller en Wadi Tina foi violada 14 veces por homes diferentes en xaneiro de 2003. Xa en marzo do ano seguinte, 150 soldados e janjawid secuestraron e violaron a 16 rapazas na cidade de Kutum, segundo a mesma investigación. Na cidade de Kailek, dixeron que os milicianos chegaron a violar nenas de ata 10 anos.[Cómpre referencia]

Outro problema encarado polas tribos sudanesas é o feito de que o bebé proveniente dos estupros sexa chamados polas propias nais de janjawid, un insulto que en lingua local significa algo como "diabo montado a cabalo". Por teren a pel xeralmente máis clara, eles son branco de prexuízos e facilmente identificados como descendentes de árabes, sufrindo moitas dificultades de aceptación e integración na tribo ao longo das súas vidas.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]