Jello Biafra
(2014) | |
Nome orixinal | (en) Eric R. Boucher (en) Eric Boucher |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Eric Reed Boucher 17 de xuño de 1958 (66 anos) Boulder, Estados Unidos de América |
Residencia | San Francisco |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Boulder High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actor de cinema, activista pola paz, compositor de cancións, xornalista, Activista polos dereitos humanos, político, actor, ecoloxista |
Período de actividade | 1976 - |
Partido político | Partido Verde (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock |
Pseudónimo literario | Jello Biafra |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Alternative Tentacles |
Outro | |
Nai | Virginia Boucher |
Condenado por | fraude |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
|
Jello Biafra, nado como Eric Reed Boucher o 17 de xuño de 1958, é o antigo vocalista e compositor da banda de punk rock estadounidense Dead Kennedys. Despois de deixar os Dead Kennedys, fíxose cargo da ifluínte discográfica independente Alternative Tentacles, que co-fundou en 1979 xunto co seu compañeiro de grupo East Bay Ray. Aínda que actuamente céntrase principalmente na spoken word, continou traballando de músico en numerosas colaboracións.
Politicamente, Biafra é membro do Partido Verde dos Estados Unidos e apoia activamente varias causas. Foi candidato a presidente do partido no ano 2000, rematando segundo de Ralph Nader. É un firme crente dunha sociedade libre, que utiliza a confrontación e a acción directa no nome de causas políticas. Biafra é coñecido por usar absurdas tácticas dos medios, na tradición esquerdista dos yippies, para poñer de relieve cuestións de dereitos civís e xustiza social.