Johan Ludvig Runeberg
Johan Ludvig Runeberg, o 5 de febreiro de 1804 nado en Jakobstad (daquela parte do Reino de Suecia) e finado o 6 de maio de 1877 en Porvoo (daquela pertencente ao Gran Ducado de Finlandia), foi un poeta, profesor, xornalista e sacerdote finlandés.[1] Runeberg é considerado o poeta nacional finlandés. A súa obra en lingua sueca tamén tivo un grande impacto na literatura sueca.[2] A súa muller foi a escritora Fredrika Runeberg (de solteira Tengström).[3]
Runeberg é o autor da letra de Maamme (orixinalmente en sueco Vårt land, en galego A nosa terra), o himno nacional de Finlandia con música de Fredrik Pacius.[4]
O día 5 de febreiro celébrase en Finlandia o Runebergin päivä (en galego Día de Runeberg),[5] nese día é habitual atopar á venda o Runebergintorttu (en galego Pastel de Runeberg), un pasteliño cuxa receita orixinal tería creado a súa muller Fredrika Runeberg, segundo conta a lenda.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Runoilija, pappi ja virren tekijä". Päivämies (en finés) (Suomen Rauhanyhdistysten Keskusyhdistys ry). 5 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de febreiro de 2021. Carácter guión suave en
|título=
na posición 3 (Axuda) - ↑ "Johan Ludvig Runeberg" (en finés). Helsingin yliopiston humanistinen tiedekunta. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Klinge, Matti (2006). Runeberg, Johan Ludvig (1804-1877). Suomen kansallisbiografia (en finés) (Helsinki: Suomalaisen Kirjallisuuden Seura). pp. 407–412. ISBN 951-746-449-5. (versión en liña)
- ↑ "THE FINNISH NATIONAL ANTHEM" (en inglés). This is Finland. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ "J.L. Runebergin päivä 5.2." (en finés). Yle.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ "Runebergintorttu ei ollutkaan Fredrikan keksintö" (en finés). Yle.fi. Consultado o 5 de febreiro de 2021.