José Antonio Rivadeneira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1774 Buciños, España |
Morte | 26 de xuño de 1856 (82 anos) Valladolid, España |
Bishop of Valladolid (en) | |
24 de agosto de 1830 – 26 de xuño de 1856 ← Juan Baltasar Toledano (en) Diocese: Roman Catholic diocese of Valladolid (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1831–), sacerdote católico (1800–) |
Consagración | Agustín Lorenzo Varela Temes (en) |
José Antonio Rivadeneira,[1][2] nado o 9 de abril de 1774 na Casa Grande de Loureiro-Buciños, provincia de Lugo, e finado o 26 de xuño de 1856 en Valladolid, foi un crego católico galego, foi bispo de Valladolid e senador[3] pola provincia de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Antonio Rivadeneira procedía dunha boa familia labrega galega, a Casa Grande de Loureiro de Baixo, fillo de Margarita Josefa González e José Lorenzo Rivadeneira. Bautizouno o 12 de abril en Buciños o crego D. Pedro Boán.[4]
Estudou humanidades no Mosteiro de San Benito el Real de Valladolid, despois na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía, Dereito Canónico e Civil, doutorándose nesas materias na Universidade de Osma. Foi ordenado sacerdote en 1800 e o mesmo ano recibiu o título de doutor iuris utriusque pola Universidade de Osma. En 1801 foi nomeado párroco en San Salvador de Maceira (diocese de Tui). En 1805 volveu a Lugo despois de gañar por oposición a praza de cóengo doutoral. Foi secretario de Felipe Peláez de Caunedo, bispo de Lugo, e o seu avogado de Cámara.[4] Durante a Francesada foi obrigado, con outros cinco curas de Lugo, a prestar xuramento de fidelidade e obediencia ao rei José Bonaparte; pero negouse, fuxiu e escondeuse, polo que os franceses, saquearon a súa casa e destinárona para aloxamento das tropas.
Despois, en 1809, o clero lucense nomeouno novo deputado na Xunta de Goberno. Á morte do bispo de Lugo, Felipe Peláez, o 9 de xullo de 1811, foi nomeado vicario capitular.[5] En 1813 foi nomeado "Comisario y Juez ordinario de cruzada, y el Rey Fernando VII, noticioso de su fidelidad"[4] nomeouno cóengo cardeal da Catedral de Santiago, na que tamén foi Xuíz Real do Subsidio eclesiástico extraordinario, Vicario capitular, e en 1822 reitor da universidade compostelá. Tamén foi profesor de Institucións Canónicas en Santiago. O clero elixiuno deputado nas Cortes.[5]
O papa León XII nomeouno o 2 de outubro de 1826 como auditor da Sagrada Rota Romana para Castela, a proposta do Rei de España. O mesmo día, o papa nomeouno Prelato da Pontificia Casa, despois Penitenciario Apostólico.
O 24 de agosto de 1830, José Antonio Rivadeneira foi nomeado bispo de Valladolid (sucedendo a D. Baltasar Toledano) e preconizado por Roma o 28 de febreiro de 1831. Chegou a Barcelona o 29 de marzo de 1831 e con en traía os restos dun mártir que doou a Buciños, o San Pexerto.
Foi ordenado bispo o 15 de maio de 1831 en Madrid polo bispo de Salamanca, Agustín Lorenzo Varela Temes (nado en Santa María de Sabadelle-Chantada); Os co-conselleiros foron Joaquín Abarca Blaque, bispo de León, e o bispo Pablo García Abella, bispo auxiliar de Toledo. O 22 de xuño entrou na súa diocese.[4]
O Seminario de Valladolid débelle grandes reformas e a creación do gabinete de Física e Historia Natural. En 1834 foi nomeado prócer do Reino, pero aproveitando a epidemia do cólera non asistiu ás Cortes e retirouse da política activa á súa diocese.[5] Despois de 25 anos no cargo de bispo de Valladolid, morreu en 1856 no seu bispado. O seu corpo foi soterrado na nave do Santísimo Cristo da catedral de Valladolid.
A Universidade de Santiago consagrou un recordo á súa memoria, dedicándolle un vitor colocado sobre a porta dunha das aulas no lado leste da planta baixa do edificio.
A súa memoria conservouse na contorna de Buciños por ser quen trouxo de Roma o corpo do santo, do San Pexerto.[6]
En 2014 o Concello de Carballedo puxo o seu nome a unha rúa na Barrela.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bishop Juan Antonio Rivadeneyra [Catholic-Hierarchy]". www.catholic-hierarchy.org. Consultado o 2020-07-11.
- ↑ O segundo apelido é para a Real Academia de Historia "Villaguisada" e para o crego estudoso da súa vida, Jesús Guerra, "González", que coincide co apelido da nai
- ↑ Ficha no Senado
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Guerra, Jesús (2004). Vida y novena de San Pegerto de Buciños. Con licencia eclesiástica dada por el Obispado de Lugo en Diciembre de 2003.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "José Antonio Rivadeneyra Villaguisada. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 2020-07-11.
- ↑ "Arquitectura Relixiosa". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2020-07-12.
- ↑ "Carballedo hace sitio en su callejero al arte y la historia". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-01. Consultado o 2023-09-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Philippe Bountry: Officiers subalternes de la curie et consulteurs des congrégations romaines en fonctions sous la restauration (1814-1846) (notas brèves). En: Souverain et pontife. Investigación en prosopografies sobre a Curie Romaine á rexión da restauración (1814-1846). École française de Rome, Roma 2002, marxe núm. 508-509.
- Fernando Chueca Goitia: La catedral de Valladolid: una página del siglo de oro de la arquitectura española. Reverte, Madrid 1998, p. 222.