José Domingo Duquesne
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1748 Bogotá, Colombia |
Morte | 30 de agosto de 1822 (74 anos) |
Actividade | |
Ocupación | científico da relixión |
José Domingo Duquesne, nado en Bogotá o 23 de febreiro de 1748 e finado ibídem o 30 de agosto de 1822, foi un crego, teólogo, científico e escritor colombiano. Sendo políglota, Duquesne falaba castelán, francés, latín, grego antigo, italiano e chibcha.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Domingo Duquesne naceu en Bogotá, a capital do Vicerreinado de Nova Granada. Os seus pais eran o francés Juan Francisco Duquesne, orixinario de Montpellier, e Clara Ignacia de la Madrid, de Bogotá.[1] Asistiu ó Colexio Maior e Seminario de San Bartolomeu graduándose en 1774 en lei canónica e teoloxía. Durante as súas disertacións de filosofía Duquesne tratou das ciencias naturais.[1]
Dende 1775 até 1795 Duquesne foi asignado ás vilas indíxenas de Lenguazaque e Gachancipá e estudou o muysccubun, a lingua dos muiscas. Este foi o primeiro estudo dunha lingua case extinta daquela por mor da prohibición das autoridades do Imperio Españoñ en 1577 e o peche da derradeira escola bilingüe en 1638.[1] Despois de dez anos de servizo en Lenguazaque, o 13 de xullo de 1785 Duquesne estivo traballando na parroquia da igrexa de Gachancipá.[2][3]
En 1795 Duquesne publicou a súa obra Disertación sobre el calendario de los muyscas, indios naturales de este Nuevo Reino de Granada. Neste traballo trata o complexo calendario muisca de tipo lunisolar. José Celestino Mutis entregou o traballo de Duquesne ó famoso científico natural Alexander von Humboldt que visitou os territorios colombianos en 1801.[1]
Despois da publicación da súa obra sobre o calendario muisca, os numerais muiscas e a gramática da lingua chibcha, Duquesne foi nomeado cóengo da catedral de Bogotá por Carlos IV, o rei de España en 1800. De volta na capital tomou os seus coñecementos sobre a linguaxe e o calendario muiscas xunto cunha interpretación da até entón sen descifrar Ælia Lælia Crispis.[1]
Duquesne retirouse en 1819 e morreu o 30 de agosto de 1822.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Biography José Domingo Duquesne Arquivado 10 de maio de 2017 en Wayback Machine. - Banco da República de Colombia (en castelán)
- ↑ Duquesne en Gachancipá(en castelán)
- ↑ Zerda, 1882, p.168
- ↑ Zerda, 1882, p.171
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duquesne, José Domingo (1795). Disertación sobre el calendario de los muyscas, indios naturales de este Nuevo Reino de Granada - Dissertation about the Muisca calendar, indigenous people of this New Kingdom of Granada (PDF) (en castelán). pp. 1–17. Consultado o 2016-07-08.
- Duquesne, José Domingo (24 de setembro de 1809). Oración por la tranquilidad pública - Sermon for the public peace (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2017. Consultado o 2016-07-08.
- Duquesne, José Domingo (19 de xaneiro de 1809). Oración pronunciada de orden - Sermon for the order (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2017. Consultado o 2016-07-08.
- Zerda, Liborio (1947 (1883)). El Dorado (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xullo de 2019. Consultado o 2016-07-08.