Saltar ao contido

José Ramón Arteche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ramón Arteche
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de agosto de 2016 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata - 1979 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol

José Ramón Arteche Pena, nado en Ferrol o 8 de novembro de 1952 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 2016, foi un xogador e adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista xogou na década dos 70 no Racing de Ferrol de centrocampista, tanto en Segunda división (1969-1972) como en Terceira división.

Como adestrador, comezou no Viveiro, onde adestrou durante dúas temporadas. Logo fichou pola SD Burela (1989-1990), co que ascendeu a Tercera División, e despois no Xove Lago (1991-1992), que tamén levou ata a Terceira. Posteriormente dirixiu o Racing de Ferrol na tempada 1998-99, en Segunda División B, e consegue chegar á competición de promoción de ascenso. Repite resultado ao ano seguinte 1999-2000, pero con máis éxito, porque coroa a tempada cun ascenso a Segunda División despois de 22 anos. Posteriormente foi o adestrador de CD Ourense (2001) durante uns poucos partidos precisamente na fase de ascenso a Segunda división.Logo tamén adestrou no Mensajero e no Calahorra, ambos en Segunda división B, e finalmente no Val.