José de Lis Costas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Gondomar, España |
Morte | 10 de agosto de 1992 Gondomar, España |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Alcalde de Gondomar | |
1972 – 1987 ← Ramón Fariña Cobián – Ramón Sestelo Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político |
José de Lis Costas, nado en Gondomar e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1992, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado alguacil do Concello de Gondomar en 1959.[1] Concelleiro en Gondomar e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Gondomar en xullo de 1972,[2] tomando posesión o 28 de xullo.[3] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura Vecinos Independientes e volveu ser elixido alcalde co apoio do PPdeG.[4] Pasouse ao PPdeG. Posteriormente foi concelleiro e ingresou no CDS. En novembro de 1991 foi condenado polo xulgado do Penal de Vigo a un ano de inhabilitación e a pagar 10 millóns de pesetas por un delito fiscal.[5] Finou en Gondomar de cancro de pulmón o 10 de agosto de 1992.[6]
Predecesor: Ramón Fariña Cobián |
Alcalde de Gondomar 1972 - 1987 |
Sucesor: Ramón Sestelo Fernández |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Rosa Fernández Pérez.