Saltar ao contido

Juan Fernández Latorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Fernández Latorre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1848 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Gobernador civil
1911 – 14 de marzo de 1912
Gobernador civil da provincia de Madrid
7 de novembro de 1910 – 14 de marzo de 1912
← Luis CanalejasDemetrio Alonso Castrillo (pt) Traducir →
Deputado no Congreso dos Deputados
24 de febreiro de 1891 – 14 de marzo de 1912
← Vicente Donato VillarnovoJosé Sánchez Anido →
Circunscrición electoral: Ortigueira
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
← Robert Robert i Casacuberta (pt) Traducir
Circunscrición electoral: Districte electoral de Granollers (en) Traducir
Undersecretary of the Ministry of the Interior (en) Traducir
decembro de 1905 – Federico Requejo Avedillo (mul) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, emprendedor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosFelisa, María Victoria Fernández-Latorre Editar o valor en Wikidata

BUSC: fernandez-latorre-juan-1849-1912

Juan Fernández Latorre, nado na Coruña o 8 de outubro de 1848[1] e finado en Madrid o 14 de marzo de 1912, foi un empresario e político galego, fundador do xornal La Voz de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou no Exército, onde chegou a sarxento de artillaría e participou na rebelión do cuartel de San Gil, un golpe de Estado progresista que tivo lugar contra a raíña Isabel II en xuño de 1866 en Madrid. En 1869 redactou unha proclama, pola que foi condenado á morte, pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. Fuxiu a Francia, de onde volveu a España con ocasión da amnistía de 1870.

Foi secretario do concello de Granollers e deputado a Cortes na Primeira República. Tralo golpe do xeneral Pavía, Latorre exiliouse de novo a Francia.

De volta a Galicia, a canda Antonio Prieto Puga e José Manuel Martínez Pérez fundou La Voz de Galicia en 1882. En 1885 disolveuse a sociedade fundacional e Latorre converteuse en propietario único do diario.

Nas eleccións lexislativas de 1891 obtivo acta de deputado republicano por Ortigueira, e en 1910 conseguiu escano pola Coruña. Ademais de deputado a Cortes, tamén foi subsecretario de Gobernación en 1905 e en 1910. En 1911 nomeárono gobernador civil de Madrid, cargo que desempeñou ata o día da súa morte en 1912.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Felisa Ozores de Prado, e foi pai de María Victoria Fernández-Latorre.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na cidade da Coruña está o CEIP Juan Fernández Latorre, e en 1906 púxoselle o seu nome a unha avenida.[3] En 2004 bautizouse co seu nome a biblioteca municipal de Ortigueira,[4] localidade onde unha das súas rúas preserva tamén a súa memoria.

  1. "Muerto ilustre: Fernández Latorre". Gaceta de Galicia. 16 de marzo de 1912. 
  2. "Falleció la hija del fundador de La Voz", La Voz de Galicia, 20 de decembro de 2000 (en castelán).
  3. García López, Alfonso. Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura. 
  4. "Ortigueira dedica su nueva biblioteca municipal a Juan Fernández Latorre". La Voz de Galicia (en castelán). 14-1-2004. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2016. Consultado o 9-8-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]