Juan Villavicencio Llorente
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 |
Morte | 9 de xuño de 1948 (87/88 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista |
Juan Villavicencio Llorente, nado cara a 1860 e finado en Vigo o 9 de xuño de 1948, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela[1]. Foi fiscal municipal de Vigo en 1887[2] e funcionario do Concello de Vigo. Foi redactor e despois director de La Concordia. Finou en Vigo con 87 anos.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Vicenta Pereira Rodríguez-Yáñez e foi pai de María de la Concepción, María Luisa, Emilio e Juan Villavicencio Pereira.