Jugoslovenska Radiotelevizija
Jugoslovenska Radiotelevizija | |
---|---|
Inicio das emisións | 1952 (como Jugoslovenska Radiotelevizija) |
Fin das emisións | 1992 (pola desaparición de Iugoslavia) |
Propiedade de | Empresa pública |
País | Iugoslavia |
Área de emisión | Iugoslavia |
Jugoslovenska Radiotelevizija ou JRT (en galego:Radiotelevisión iugoslava) foi o ente público de radiodifusión da República Federal Socialista de Iugoslavia, ata a súa desaparición en 1992. O ente estaba conformado pola unión dos distintos entes de radio e televisión subnacionais (tanto repúblicas como provincias autónomas) que en conxunto conformaban a federación iugoslava:
Ente | Sede Central | |
---|---|---|
RS Bosnia e Hercegovina | Radiotelevizija Sarajevo | Saraxevo |
RS Croacia | Radiotelevizija Zagreb | Zagreb |
RS Macedonia | Radiotelevizija Skopje | Skopje |
RS Montenegro | Radiotelevizija Titograd | Titogrado |
RS Serbia | Radiotelevizija Beograd | Belgrado |
PAS Vojvodina | Radiotelevizija Novi Sad | Novi Sad |
PAS Kosovo | Radiotelevizija Priština | Pristina |
RS Eslovenia | Radiotelevizija Ljubljana | Liubliana |
A JRT foi un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, ademais de ser o único estado socialista pertencente a esta organización.
Entre as actividades do ente, cabo destacar a realización do Jugovizija, concurso no cal, as distintas radiodifusoras que conformaban o ente, presentaban as súas cancións, para logo, escoller a que representaría a Iugoslavia no Festival da Canción de Eurovisión.
Desintegración
[editar | editar a fonte]Durante a partición de Iugoslavia, moitas das súas antigas unidades federales proclamáronse a si mesmas como independentes, á vez que os seus respectivos centros radiodifusores cambiaban de nome, por exemplo:
País | Organismo | Ano | Siglas |
---|---|---|---|
Bosnia e Hercegovina | Radio-Televizija Bosne i Hercegovine | 1992 | RTBiH |
República Serbia (entidade serbia de Bosnia e Hercegovina) | Radio-Televizija Republike Srpske | 1992 | PTPC |
Federación de Bosnia e Hercegovina (entidade croato-bosníaca de Bosnia e Hercegovina) | Radio-Televizija Federacije Bosne i Hercegovine | 1992 | RTVFBiH |
Croacia | Hrvatska Radiotelevizija | 1990 | HRT |
Eslovenia | Radiotelevizija Slovenija | 1991 | RTVSLO |
Macedonia do Norte | Makedonska Radio Televizija | 1993 | MKRTV |
Montenegro | Radio-televizija Crne Gore | 1992 | RTCG |
Serbia | Radio-televizija Srbije | 1992 | PTC |
Kosovo (Soberanía discutida) | Radio Televizioni i Kosovës (RTV Priština aínda existe, pero non emite programación)[1] |
1992 | RTK |
Voivodina (provincia autónoma de Serbia) | Radio-Televizija Vojvodine | 1992 | PTB |