Saltar ao contido

Kārlis Ulmanis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKārlis Ulmanis

Kārlis Ulmanis, Presidente de Letonia (1936–1940)
Biografía
Nacemento(lv) Kārlis Augusts Vilhelms Ulmanis Editar o valor en Wikidata
4 de setembro de 1877
Bērze, Letonia, Imperio ruso
Morte20 de setembro de 1942
Krasnovodsk, Turkmenistán, Unión Soviética
Causa da morteDisentería
Lugar de sepulturaTurkmenistán Editar o valor en Wikidata
Cargos
Prmeiro Ministro e Presidente de Letonia
Datos persoais
País de nacionalidadeletoa, rusa
Formación profesionalLicenciado en Agronomía
EducaciónETH de Zúric
Universidade de Leipzig
Universidade de Nebraska
Actividade
Lugar de traballo Riga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, propietario agrícola, profesor universitario e político
Partido políticoLatvian Peasant Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Lista de Ditadores de SourceWatch Editar o valor en Wikidata

Kārlis Vilhelms Augusts Ulmanis, nado o 4 de setembro de 1877​ en Bērze, Letonia, e finado o 20 de setembro de 1942​ en Krasnovodsk, Turkmenistán,[1] foi dos máis importantes políticos letóns de antes da segunda guerra mundial, durante o período de independencia de Letonia de novembro de 1918 a xuño de 1940.

Ocupou catro veces o posto de primeiro ministro, a última vez como xefe dun réxime autoritario. Tamén acupou o cargo de presidente da República de Letonia.

O legado da súa ditadura segue dividindo hoxe a opinión pública de Letonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ulmanis estudou Agronomía na ETH de Zúric (Suíza) e na Universidade de Leipzig (Alemaña).

Tras a revolución de 1905 exiliouse nos Estados Unidos. Durante o período de exilio estudou na Universidade de Nebraska–Lincoln usando o nome de Karl August Ulmann, obtendo o título de licenciado en Agricultura.[2]

Despois de traballar brevemente nesa universidade como profesor, Ulmanis trasladouse a Houston, Texas. O negocio de produtos lácteos que comprara alí tivo dificultades financeiras.[3]

En 1913 foi amnistiado e regresou a Letonia, onde fundou, en 1917, un partido político de centro dereita, a Unión Letoa de Agricultores.[1]

Cando Letonia se declarou independente do Imperio ruso en 1918 foi nomeado primeiro ministro, ocupando este cargo en catro ocasións: 1918-20, 1925-26, 1931-32 e 1934-40.

Asumiu por cuarta vez o cargo de primeiro ministro o 17 de marzo de 1934. Na noite do 15 ao 16 de maio de 1934, Ulmanis, co apoio do ministro da Guerra Jānis Balodis, proclamou un estado de guerra e disolveu todos os partidos políticos e o Saeima (parlamento). As liberdades políticas foron suspendidas.[4]

O golpe de estado levoues a cabo polo exército e as unidades de paramilitares Aizsargi. Desde que o presidente Alberts Kviesis deixou o cargo o 11 de abril de 1936, Ulmanis exerceu simultaneamente os cargos de presidente e primeiro ministro. Foi oficialmente coñecido como Valsts un Ministru Prezidents (Ministro e Presidente Estatal), pero frecuentemente en publicacións se lle chamaba Tautas Vadonis (Líder da Nación) ou, simplemente. Vadonis (Líder).[5]

Dimitiu en 1940 ante o ultimato soviético, e foi arrestado e deportado.

Faleceu de disentería o 20 de setembro de 1942​ na prisión de Krasnovodsk, no actual Turkmenistán.


Predecesor:
Alberts Kviesis
Presidente de Letonia
1936 - 1940
Sucesor:
Guntis Ulmanis
  1. 1,0 1,1 Rihards Treijs (2000): Prezidenti: Latvijas valsts un ministru prezidenti (1918-1940). Riga: Latvijas Vēstnesis. ISBN 978-99-8473-147-6.
  2. "The graduates get diplomas". Lincoln, Nebraska: The Lincoln Star. 24 de abri de 1908. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. "Nebraska State Historical Society" (PDF). Nebraska State Historical Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setrembro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  4. Rogainis, Janis (1971): The emergence of an authoritarian regime in Latvia, 1932-1934 Arquivado 24 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. Lituanus 17 (3).
  5. Stranga, Alvars (2012): "The Political System of Karlis Ulmanis' Authoritarian Regime (15-05-1934 – 17-06-1940)". Studia Universitatis Cibiniensis Series Historica IX: 51-56. Sibiu: Editura Universitatii Lucian Blaga.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]