Saltar ao contido

Kazuya Tsurumaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKazuya Tsurumaki
Nome orixinal(ja) 鶴巻 和哉 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Gosen, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónQ11503034 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, anime director (en) Traducir, director de animación, animador, guionista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorStudio Giants (en) Traducir
Gainax
Khara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0875453 Allmovie: p306787
BNE: XX4618651 Last fm: 鶴巻和哉 Musicbrainz: b4534c00-9fbb-4e9b-bebe-995c5cb123a2 Discogs: 958988 Allmusic: mn0002024959 Editar o valor en Wikidata

Kazuya Tsurumaki (xaponés: 鶴巻 和哉; Tsurumaki Kazuya), nado en Gosen, na prefectura de Niigata o 2 de febreiro de 1966, é un director xaponés de anime.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É un dos colaboradores de Hideaki Anno e un animador de Gainax. O primeiro proxecto de Tsurumaki en Gainax foi como director de animación na serie de televisión de 1990 Nadia: The Secret of Blue Water. Tsurumaki tamén foi o director de secuencias humorísticas "omake" (extras) que se estrearon coa serie, e foi produtor de "Nadia Cinema Edition". En 1995, Tsurumaki traballou como asistente do director baixo as ordes de Hideaki Anno no anime de Gainax Neon Genesis Evangelion, onde exerceu como produtor, director de arte e asistente de dirección nalgúns episodios. En 1997, dirixiu o episodio 25', a primeira metade do remate cinematográfico da serie, Evangelion: O final de Evangelion. En 2000, Tsurumaki fixo o seu debut como director coa serie de OVAs, FLCL. En 2004, dirixiu a secuela do éxito Gunbuster, chamada Aim for the Top 2! ou Diebuster. Posteriormente traballou como director nos novos filmes de Evangelion, a saga Rebuild of Evangelion. Tamén dirixiu no ano 2017 o especial de anime The Dragon Dentist.[1]

  1. "Evangelion's Studio Turns 'Dragon Dentist' Short Into Its 1st TV Special". Anime News Network. 26 de agosto de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]