Saltar ao contido

Kevin Keegan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKevin Keegan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Armthorpe, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMighty Mouse Editar o valor en Wikidata
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1968–1971 Scunthorpe United Football Club 124(18)
1971–1977 Liverpool F.C. 230(68)
1977–1980 Hamburger SV 90(32)
1980–1982 Southampton F.C. 68(37)
1982–1984   Newcastle United 78(48)
1985–1985 Blacktown City Football Club 2(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1972–1982   Inglaterra 63(21)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Newcastle United Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de 2000
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1980Eurocopa de Fútbol Italia 1980 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0444444 BNE: XX4609140 Musicbrainz: bd2f8047-0205-45e4-9038-5a76bf88c99c Discogs: 180945 FIFA: 174653 UEFA: 36356 Editar o valor en Wikidata

Joseph Kevin Keegan, oficial do Imperio Británico, nado o 14 de febreiro de 1951 en Armthorpe (Yorkshire Sur)[1] é un exfutbolista e adestrador inglés, e un dos seus mellores xogadores de tódolos tempos.

Keegan foi rexeitado polo club local Doncaster Rovers, mais puido fichar por outra escuadra, o Scunthorpe United. Chegou a xogar 120 encontros ata que marchou cara ao Liverpool, no verán de 1971.[1]

En agosto dese ano, debuta co Liverpool nun encontro contra o Nottingham Forest no estadio de Anfield. Comezou a destacar coma un goleador rápido e incisivo.

En 1972 xoga o seu primeiro encontro coa selección inglesa.

En 1973 gaña o seu primeiro título, cun Liverpool que tiña unha das mellores parellas atacantes de campionato, o propio Keegan e John Toshack. Ese ano tamén gañarían a Copa da UEFA, vencendo na final ao Borussia Mönchengladbach.

Ao ano seguinte non puido repeti-lo título de Liga, debido á incrible tempada que fixo o Leeds United, o cal estivo vinte e nove encontros sen coñece-la derrota. De tódolos xeitos o equipo fíxose coa FA Cup vencendo por 3-0 ó Newcastle con dous goles de Keegan.

1975 foi un ano sen títulos para Keegan co Liverpool, e amais diso, a selección inglesa, onde xa era indiscutible, non se deu clasificado para a Eurocopa de Fútbol 1976. En 1977 Keegan foi parte fundamental do Liverpool que gañou a Liga e a Copa de Europa. Ese mesmo ano anuncia a súa marcha do equipo, xa que quería probar sorte nunha escuadra estranxeira.

Cun total de 100 goles en 323, abandona o Liverpool e entre as ofertas que recibe, acepta unha do Hamburger SV. No Hamburgo, Keegan convértese nunha estrela de fama mundial, gaña dúas veces o Balón de Ouro e chegan á final da Copa de Europa en 1980 que perden contra o Nottingham Forest. Ese mesmo ano xoga coa selección a Eurocopa de Fútbol 1980, disputada en Italia, sendo o capitán do equipo. Unha vez rematado o torneo volta a Inglaterra para xogar co Southampton.

Unha inoportuna mancadura impídelle xogar algo máis ca uns minutos no Mundial 82, a única copa do mundo que chegou a disputar. Pouco despois a chegada de Bobby Robson ó cargo de seleccionador puxo fin á súa carreira internacional, xa que non volveu a ningunha convocatoria. Así, remataba cun total de 63 encontros, 31 deles coma capitán e 21 goles anotados.

A derradeira camisola que vestirá como xogador será a do Newcastle United onde ficará dúas tempadas, xogando 78 encontros e anotando 48 goles, axudando ao equipo a retornar á primeira división da liga inglesa. Keegan anuncia o seu retiro a finais da tempada 1983-84.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Newcastle

[editar | editar a fonte]

En febreiro de 1992, tras oito anos de retiro en España, Keegan volta ao mundo do fútbol coma adestrador do Newcastle United.

A escuadra estaba por aquel entón na First División, o equivalente á segunda división. Mais baixo a súa dirección conseguen o ascenso en 1993.

En 1994 lle é asignado o posto de Director deportivo, ó que renunciaría en 1997

Nesta etapa chegaron a ser subcampións de liga, e facían un xogo espectacular con xente coma o veterano Peter Beardsley ou o dianteiro Alan Shearer.

Kevin Keegan (á esquerda) en compaña dun afeccionado

Cando marcha do Newcastle, o seu destino é o Fulham, onde se fai cargo da dirección técnica da escuadra, sendo o adestrador Ray Wilkins. Cando este é despedido en 1998 o propio Keegan faise cargo do equipo. En 1999 logran o ascenso, mais deixa o club para dirixir á selección inglesa

Selección Inglesa

[editar | editar a fonte]

Keegan foi nomeado novo seleccionador inglés en febreiro de 1999, mais non logrou grandes cousas. Na única competición oficial que disputou, a Eurocopa de Fútbol 2000, Inglaterra non pasou da fase dos grupos.

Finalmente dimitiu en outubro de 2000.

Manchester City

[editar | editar a fonte]

É nomeado adestrador do Manchester City en maio de 2001. Keegan ficha xogadores con experiencia internacional coma Stuart Pearce, Eyal Berkovic ou Ali Benarbia. No seu primeiro ano son campións da Division One e ascenden á Premier league. Na tempada seguinte conseguen o noveno posto na liga, moi boa posición para un acabado de ascender. A tempada 2003-04 sería problemática, ó ter unha disputa co centrocampista Eyal Berkovic, que rematou co xogador fóra do club, e parte dos seareiros alporizados con Keegan por este feito. O City rematou en dezaseisavo posto aquel ano.

Finalmente en marzo de 2005 Keegan sería cesado do cargo.

Keegan é membro do English Football Hall of Fame

Liverpool

[editar | editar a fonte]

Campión

Subcampión

Hamburger SV

[editar | editar a fonte]

Campión

Subcampión

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Newcastle United

[editar | editar a fonte]

Subcampión

  • "En certo modo unha cambra é pero que unha perna rota"
  • Sobre Emile Heskey: "El emprega a súa forza, e esa é a súa forza, a súa forza"
  1. 1,0 1,1 BBC Sport Fact file. Url accessed 14 July, 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Southampton’s Cult Heroes" de Jeremy Wilson

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]