Kolguev
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Nenetsia, Rusia (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Barents e Mar de Pechora (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 166 m | |||
Dimensións | 80 () × 94 () km | |||
Superficie | 3.497 km² 5.200 km² | |||
A illa Kolgüev (en ruso: Колгуев, transliteración: kol-gu-ev, nótese a diérese no nome) é unha illa no Okrug Autónomo de Nenets, Rusia, localizada no sueste do Mar de Barents, ó leste do Mar de Pechora, e cara ó nordés da Península de Kanin.[1] A illa é aproximadamente circular e ten un diámetro de 80 km e uns 4.968 km² de superficie. O punto máis alto da illa ten 50 m[2] de altura. A maioría da superficie consiste en varios pantanos e outeiros feitos de morena cubertos da vexetación característica da tundra.
Hai un só punto habitado na illa, Bugrino, na costa do sueste con 200 habitantes. Os Nenets forman a maioría da poboación, sendo a as súas actividades principais a pesca, as granxas de renos e como cazadores trampeiros. Tamén hai petróleo e gas.[3]
Informe de Trevor-Battye
[editar | editar a fonte]A illa foi explorada no ano 1894 polo naturista Británico Aubyn B.R. Trevor-Battye. Desembarcou en xuño cun axudante, coa intención de quedar sobre un mes estudando a vida salvaxe da illa, especialmente os paxaros. Debido a problemas mecánicos co barco e a un malentendido, foron deixados na illa unhas 12 semanas. Publicou o seu estudo da historia natural e topografía de Koguev co título: "Ice-bound on Kolguev" (Atrapado polo xeo en Kolguev). (Trevor-Battye 1895). O libro inclúe observacións sobre o pobo dos Nenets (os cales el chamou Samoiedos) que levaban os seus renos á illa para pastar durante o verán e para cazar gansos e comerciar con eles na Rusia.[4] Parece ser que Trevor-Battye deixou a illa con estes pastores de renos en setembro de 1894, e viaxou unhas 1.000 millas por terra dende o Río Pechora ata Arkangel. Describiu esta aventura no libro: "A northern highway of the Tsar" (Trevor-Battye 1898)[5] (Unha autoestrada do norte do Tsar).
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GoogleEarth - Location
- ↑ 75m segundo a páxina rusa
- ↑ "Internet Geology News Letter No. 16". 1999. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2003. Consultado o 25 de outubro de 1999.
- ↑ Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, London, 1895.
- ↑ Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, London, 1898.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Trevor-Battye, Aubyn. (1895). Ice-bound on Kolguev, Constable, Londres, 1895.
- Trevor-Battye, Aubyn. (1898). A Northern Highway of The Tsar, Constable, Londres, 1898.