L'Abidjanaise é o himno nacional de Costa do Marfil. Foi adoptado en 1960 e permanece como himno nacional, mesmo despois de que a cidade de Abidjan deixou de ser a capital, pasando a ser Yamoussoukro. A letra foi escrita por Mathieu Ekra, Joachim Bony e Pierre Marie Coty. Coty tamén compuxo a música conxuntamente con Pierre Michel Pango.