La Higuera
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bolivia | |||
Departamentos | Departamento de Santa Cruz | |||
Provincia | Provincia Vallegrande | |||
Poboación | ||||
Poboación | 119 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 2.160 m | |||
La Higuera é unha pequena localidade situada ao sur da provincia Vallegrande no departamento de Santa Cruz en Bolivia.
Toponimia
[editar | editar a fonte]La Higuera (a figueira) debe o seu nome á abundante existencia, en épocas pasadas, da árbore do mesmo nome, cuxo froito é o figo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase nos Andes a unha altura de 2.160 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]A localidade é coñecida por ser o lugar onde, o 9 de outubro de 1967, o sarxento do exército boliviano Mario Terán executou na escola o Che Guevara,[1][2] líder do Exército de Liberación Nacional de Bolivia (Guerrilla de Ñancahuazú), e ao seu compañeiro de armas Simeón Willy Cuba-Sanabria, despois da batalla da "quebrada" do Yuro, cando foi ferido e apresado, disolvéndose así o grupo tras dous anos de enfrontamento.
Na escola onde foi executado funciona na actualidade un museo na súa memoria. Por toda a vila hai inscricións, monumentos e homenaxes ao guerrilleiro arxentino-cubano.[3]
O 9 de outubro de 2016 realizouse en La Higuera unha homenaxe ao Che na que participaron dous centos de persoas, entre elas o ministro de Cultura de Cuba, Abel Nieto.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las nuevas revelaciones detrás de la muerte del Che Guevara" (en castelán). 24 de novembro de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "El "Che" Guevara homenajeado en La Higuera, donde fue ejecutado hace 49 años". La Vanguardia (en castelán). 9 de outubro de 2016. Consultado o 9 de outubro de 2020.
- ↑ "Valle Grande y La Higuera" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2020.