La Seca, Valladolid
La Seca é unha localidade e municipio español da provincia de Valladolid, comunidade de Castela e León.
Situada a unha altitude de 731 m sobre o nivel do mar, dista 32 km da capital provincial. O municipio ten unha extensión de 65,9 km2. A súa poboación no ano 2006 era de 1.066 habitantes.
O seu xentilicio é lasecano/a.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O termo "seca" deriva da raíz prerromana sik-, sek- que significa fonte ou río.[1]
O seu nome débese a que era o lugar onde se realizaba a seca das árbores taladas. Non por casualidade o seu escudo é un piñeiro e un home cunha machada.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do municipio está baseada na produción de viño. A maior parte do seu termo municipal encóntrase cultivado con viñedos (majuelos mna súa denominación local). Pertence á Denominación de Orixe Rueda.
Curiosidade
[editar | editar a fonte]Eusebio Sacristán, exfutbolista internacional e adestrador, naceu na Seca en 1964.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Celdrán, Pancracio (2006): Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios. Espasa. ISBN 84-670-0146-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Suárez Aláez, Ángel (1997): Historia de La Seca. Valladolid: Editoral provincial de la Exclma. Diputación de Valladolid. ISBN 84-7852-972-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Botarga Antigua. Información sobre o entroido, bodegas, viños e heráldica local. (en castelán) Consultada o 9/5/2012.
- Deputación de Valladolid. Datos de interese sobre a poboación.
- Vista aérea
- Web do Concello