Lagoa, Alfoz
Lagoa | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa | |
Concello | Alfoz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°31′00″N 7°26′00″O / 43.51666667, -7.43333333 |
Área | 11,3 km² |
Poboación | 278 hab. (2014) |
Densidade | 24,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 34[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Lagoa é unha das nove parroquias do concello lugués de Alfoz. En 2004 tiña 387 habitantes, distribuídos en 34 entidades de poboación e 4 lugares, cunha densidade media de 34,2 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 308 habitantes, sendo 145 homes e 163 mulleres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co concello do Valadouro e coa parroquia de Mor; ao sur coas Oiras e O Pereiro; e ao leste con Adelán e As Oiras.
Historia
[editar | editar a fonte]O documento máis antigo que fai referencia á parroquia é un documento notarial datado en 1498. Segundo a testemuña do párroco da igrexa de Bacoi a principios do século XX, a parroquia de San Vicente de Lagoa debía existir arredor do ano 747, pois constaba en documentos do ano 897, como o testamento do bispo Odoario, xunto con outras freguesías.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Vicente de Lagoa foi construída no século XVIII. Conta cunha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os dous lados da capela maior. A fachada principal ten porta co arco alintelado, unha xanela e unha imaxe do patrón, San Vicente. Arrimado ao muro dereito da nave sitúase un pórtico sostido por pilastras. Tamén ten unha torre de dous corpos xunto á fachada, con elementos arquitectónicos característicos do barroco. No seu interior consérvanse retablos con esculturas.
O pazo de Carrocide está situado na aldea do mesmo nome. É unha propiedade privada, polo tanto, non visitábel. Situado ao longo da estrada, ten dous portalóns de entrada ao recinto e un arco de pedra con tres remates na parte superior. Posúe unha planta moi alongada formada por gran cantidade de corpos acaroados. Nun dos extremos presenta dúas torres; no outro, a capela. Todo o pazo está cuberto de lousa e posúe un par de gárgolas nas torres.
O pazo de Rizal está na aldea que lle dá nome. É tamén propiedade privada, polo que tampouco se pode visitar. A leira ocupa unha gran chaira que noutros tempos chegaba até o río. A leira está rodeada por unha muralla de pedra, cunha portada con escudo. O edificio ten unha planta irregular e muros de cachotería enfuscados e enlucidos. Ten dúas ás de igual altura que o corpo principal de dúas plantas, a unha delas está arrimado o corpo que alberga a capela, que posúe un grande escudo de armas na entrada.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lagoa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz (Lugo) | |
---|---|
As Abelairas | As Acernadas | Agrela | Auga Quente | A Azoreira | Beloi | As Campelas | O Campo Verde | O Carballo Mariño | Carrocide | As Casas Vellas | O Castiñeiro | A Chafarica | A Cruz | Os Currás | O Escairo | O Espadanal | Galán | Gavián | A Granda | A Igrexa | Lavanco | A Lomba | O Machuco | A Maciñeira | Martille | A Pinguela | O Plantío | A Ponte do Teixo | Ponte do Vao | Porto Dereito | A Ribeira | O Rizal | O Señorío | Sisto | O Souto | Vao | A Viñavella |
Parroquias de Alfoz
[editar | editar a fonte]