Saltar ao contido

US Open Cup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lamar Hunt U.S. Open Cup»)
Modelo:Competición deportivaUS Open Cup
Editar o valor en Wikidata
Nome oficialLamar Hunt U.S. Open Cup (1999–)
National Challenge Cup
U.S. Open Cup Editar o valor en Wikidata
Nome na lingua orixinal(en) Lamar Hunt U.S. Open Cup Editar o valor en Wikidata
Tipocopa nacional de fútbol Editar o valor en Wikidata
EpónimoLamar Hunt Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación de Fútbol dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Número de participantes80 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Vixencia1914 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadamaioEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialussoccer.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: officialopencup Twitter: opencup Instagram: opencup Editar o valor en Wikidata

A Lamar Hunt U.S. Open Cup, tamén coñecida como U.S. Open Cup, é unha competición de fútbol estadounidense organizada pola federación de fútbol deste país, a USSF. A primeira edición desta competición xogouse en 1914, e é polo tanto a competición de fútbol máis antiga (en activo) dos Estados Unidos. Na súa centésimo cuarta edición bateuse o récord de participantes, un total de 99 equipos. Nesta copa participan equipos tanto profesionais como afeccionados das seguintes ligas: Major League Soccer, North American Soccer League, United Soccer League, Premier Development League e National Premier Soccer League [1].

O gañador da Lamar Hunt U.S. Open Cup clasifícase directamente para a Liga de Campións da CONCACAF.

A primeira U.S. Open Cup, que nesa época se coñecía como National Challenge Cup, xogouse no ano 1914 e foi gañada polo Brooklyn Field Club [2]. Non foi ata o ano 1999 cando tivo lugar o cambio de nome en honor a Lamar Hunt, o propietario da MLS e pioneiro do fútbol nos Estados Unidos. Nas dúas primeiras décadas esta competición foi totalmente dominada polos equipos industriais, onde cabe subliñar o Bethlehem Steel FC que entre os anos 1914 e 1924 gañou cinco veces esta competición. E aínda conserva o título de equipo máis laureado da US Open Cup [2]. Dentro da conxuntura deste país foi habitual ver participando nesta competición equipos totalmente formados por emigrantes europeos. Na década dos setenta e a comezos dos oitenta, coincicindo coa era dourada da NASL con estrelas como Johan Cruyff, Franz Beckenbauer, George Best e Pelé, os equipos desta liga negáronse a participar nesta copa [2]. Coa creación da MLS, en 1996, os equipos estadounidenses desta liga comezaron a competir na Lamar Hunt U.S. Open Cup. E dende ese mesmo ano só un equipo que non formaba parte da MLS foi capaz de gañar esta competición, o Rochester Rhinos en 1999 [2].

Dende a primeira edición o trofeo que se entregaba ós gañadores era a Copa Dewar, doada por Sir Thomas Dewar. No ano 1979 este trofeo foi retirado por mor dos estragos. Pero no ano 1997 volveuse a entregar a Copa Dewar, até 2006 cando foi retirada definitivamente.

No ano 2017 cun total de 99 clubs participantes, que proveñen de 30 estados diferentes, bateuse o récord de participantes en toda a historia da Lamar Hunt U.S. Open Cup [2].

As tres primeiras roldas clasificatorias son xogadas polos equipos das divisións inferiores á USL, é dicir a partir do cuarto nivel do fútbol estadounidense. As roldas son a partido único. É xa na cuarta rolda é cando entran o resto de equipos a participar nesta competición [3]. A partir desta rolda non entran novos equipos na competición. Todos os partidos, incluíndo a final, xóganse a 90 minutos e en caso de empate chégase a unha prórroga de media hora e en caso de manterse o empate o partido decidirase nos penaltis.

Os equipos filiais dos clubs profesionais non poden participar nesta competición dende o ano 2016.

Campións

[editar | editar a fonte]

Todos os campións

[editar | editar a fonte]

Actualizada a 30 de maio de 2018 [4]