Le Mouvement Normand
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Le Mouvement Normand | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | rexionalismo |
Data de fundación | 29 de setembro de 1969 |
Sede | Écaquelon |
País | Francia |
Na rede | |
https://www.tvnc.tv/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Le Mouvement Normand (en galego: O Movemento Normando) é unha organización política francesa que avoga pola autonomía de Normandía. A diferenza de moitos grupos en Francia, rexeita o separatismo e subliña o punto de vista de que o pobo normando é unha das nacionalidades constituíntes da nación francesa.
Historia
[editar | editar a fonte]O Mouvement Normand ten a súa orixe nos movementos franceses de extrema dereita dos anos sesenta. En 1969, a póla de Ruán da unión estudantil de ultradereita Fédération nationale des étudiants de France uniuse con l'Union pour la Région Normande en Lisieux para forma-lo Mouvement de la Jeunesse de Normandie, renomeado Mouvement Normand en 1971. Está liderado polo prominente activista de dereitas Didier Patte, que tamén é membro do Groupement de recherche et d'études sur la culture européenne (GRECE).
O Mouvement Normand ten sempre recibido os seus apoios da ultradereita francesa, especialmente da Fronte Nacional. De tódolos xeitos, en anos recentes, ten habido unha significativa captación dos membros dos partidos de centro-dereita como a Unión pola Democracia Francesa (UDF). A axenda rexionalista do Mouvement Normand recibe moita atención tódolos días na vida política normanda.
Principais obxectivos
[editar | editar a fonte]- Alta Normandía e Baixa Normandía deberían ser unificadas para fundar unha única rexión de Normandía.
- O goberno rexional de Normandía debería estar provisto de máis competencias.
- O carácter cultural único de Normandía, formado con elementos da cultura anglo-normanda así como da cultura gala, deberá ser recoñecido e preservado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en francés)