Leite desnatado
O leite desnatado,[1] descremado ou magro,[2] é o leite ao que se lle eliminou a graxa mediante centrifugado. Coa graxa extraída faise crema de leite (ou nata) e manteiga.
Paradoxalmente todos os leites (enteiro, semidescremado e descremado) pasan polo proceso de descremado. A cantidade de graxa que producen as vacas é variable. Por iso, o leite descrémase e vólveselle engadir a graxa na súa medida xusta: descremado 0%; semidescremado 1,5-1,8%; e enteiro máis dun 3,2%.
Co descremado o leite pode perder ácidos graxos esenciais e vitaminas liposolubles. O sabor tamén se adoita ver afectado. Con todo, está indicado para persoas que por distintas afeccións, non poden consumir o leite enteiro, por exemplo en casos de alto colesterol no sangue ou problemas dixestivos.
Como curiosidade, pódese comentar que a cantidade de graxa no leite varía moito dun mamífero a outro. O leite que contén máis graxa é o da foca de Ross, que contén un 68% de graxa, o que o fai tan espeso como a maionesa. O leite de camela é o máis lixeiro con tan só un 2% de lípidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario de alimentación e restauración - Real Academia Galega Arquivado 20 de marzo de 2013 en Wayback Machine. 2012, páx. 252: xeado de leite loc.s.m. Xeado que contén en masa entre o 2,5% e 8% de materia graxa de orixe láctea, ou un máximo de 0,3% no caso de utilizar leite desnatado, e un mínimo de 6% de extracto seco magro lácteo.
- ↑ En galego, "leite gordo" Praza Pública.