Saltar ao contido

Liñaceiro común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovos.

O liñaceiro común[1] (Linaria cannabina[2][3]) é unha especie de pequena ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae).

A ave procrea en Europa, oeste de Asia, norte de África. É parcialmente residente, aínda que moitos paxaros do leste e do norte migran máis ao sur ou se mudan ás costas.

Terras abertas con sebes favorecen a cría. Constrúe os seus niños nunha mata, pondo 4 a 7 ovos.

Pode voar en grandes flocos fóra da estación de procreación, ás veces mesturada con outros frinxílidos, tales como Linaria flavirostris, nas costas. Aliméntase de sementes.

É un paxaro delgado cunha cola longa. As partes externas son pardas, a testa é algo abrancazada e o peteiro é gris. O macho no verán ten a caluga gris, parches vermellos na testa e peito vermello.

As femias e os exemplares novos non teñen o vermello e debaixo teñen branco, co papo moi lustroso. O canto ten trilos rápidos e píos.

Ás veces pódeselles atopar centenares de millas dentro do mar.[4]

O seu nome científico vén polo seu agarimo ao Cannabis.

Conservación

[editar | editar a fonte]

Así estaba Xan Xanelas,
coma pardillo no millo.

—Popular[5]

O liñaceiro común está na Lista vermella IUCN marcada como en risco, e listada no Reino Unido Biodiversity Action Plan como de prioridade. As poboacións británicas declinan, atribuído ao incremento do uso de herbicidas, para abater matogueiras agresivas. Na Península Ibérica é moi abondoso.

  1. Definición de Liñaceiro común no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Zuccon, Dario; Prŷs-Jones, Robert; Rasmussen, Pamela C.; Ericson, Per G. P. (February 2012). "The phylogenetic relationships and generic limits of finches (Fringillidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (2): 581–596. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.002. 
  3. "Finches, euphonias « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 2017-06-07. 
  4. "The Mirror of Literature, Issue 274" (en inglés). 
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do pardillo común. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 93. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • IUCN2006. Asesores: BirdLife International. 2004. ide: 53450. Carduelis cannabina.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]