Saltar ao contido

Liga Galega de Rugby 2022-23

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Rugby 2022-23
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Rugby Editar o valor en Wikidata
Parte deLiga Galega de Rugby Editar o valor en Wikidata
Número de participantes13 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2022-2023 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo15 de outubro de 2022 – 1 de abril de 2023 Editar o valor en Wikidata
Número de edición40 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoVigo Rugby Club Editar o valor en Wikidata


A edición 2022-2023 da LGR foi a 40ª edición da liga de rugby organizada pola actual Federación Galega de Rugby. Nesta edición o torneo contou con trece equipos participantes, seis na primeira división e sete na segunda. A competición comezou o 15 de outubro de 2022 e rematou o 1 de abril de 2023 coas finais disputadas no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín.

Fase previa

[editar | editar a fonte]

A fase previa foi unha liga a dúas voltas na que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, completando 10 xornadas.

Pos              Club Puntos X G E P
1 Vigo RC 45 10 9 0 1
2 CRAT Coruña 33 10 7 1 2
3 Os Ingleses RC 31 10 6 0 4
4 Pontevedra RC 18 10 4 1 5
5 CR Ferrol 11 10 2 0 8
6 CR Lalín 6 10 1 0 9

Fase de grupos

[editar | editar a fonte]

Na fase de grupos os tres primeiros da fase previa xogaron entre eles nun grupo e os tres últimos xogaron entre eles noutro grupo, completando outras catro xornadas sumadas ás dez da fase previa.

Grupo 1º-3º
Pos              Club Puntos X G E P
1 Vigo RC 60 14 12 0 2
2 CRAT Coruña 43 14 9 1 4
3 Os Ingleses RC 36 14 7 0 7
Grupo 4º-6º
Pos              Club Puntos X G E P
4 CR Ferrol 29 14 6 0 8
5 Pontevedra RC 27 14 5 2 7
6 CR Lalín 7 14 1 1 12

A final enfrontou ós dous primeiros clasificados, o Vigo Rugby Club e o Club de Rugby Arquitectura Técnica. O encontro tivo lugar no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín o 1 de abril de 2023, ás 18:00h.

Vigo RC 33 - 15 CRAT 1 de abril de 2023 – Manuel Anxo Cortizo, Lalín
Árbitro: Santiago Castro Villar
Informe
 

A segunda división galega contou cunha liga regular seguida de semifinais e final.

Fase regular

[editar | editar a fonte]
Pos              Club Puntos X G E P
1 Ourense RC 59 12 12 0 0
2 Muralla RC 49 12 10 0 2
3 CR Fendetestas 39 12 8 0 4
4 CD Zalaeta 24 12 5 0 7
5 Mareantes RCP 17 12 4 0 8
6 Santiago RC 9 12 2 0 10
7 Barbanza RC 6 12 1 0 11
Semifinais
Ourense RC 21-0 CD Zalaeta
Muralla RC 53-0 CR Fendetestas
Final
Ourense RC 59 - 12 Muralla RC 1 de abril de 2023 – Manuel Anxo Cortizo, Lalín
Árbitro: Jacinto Campos Fonseca
Informe
 

Promoción

[editar | editar a fonte]

Tralo remate das ligas de primeira e segunda división, o campión de segunda ascende directamente á primeira. A promoción de ascenso/descenso enfrontou ó último clasificado da LGR 1 co segundo clasificado da LGR 2, nunca eliminatoria a ida e volta.

CR Lalín 18-28 Muralla RC
Muralla RC 22-6 CR Lalín

Os encontros disputados os días 15 e 23 de abril deron como resultado o ascenso á primeira división do Muralla RC, e o descenso á segunda división do CR Lalín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]