Lingua caria
Cario | ||
---|---|---|
Falado en: | Anatolia | |
Rexións: | Suroeste da península | |
Total de falantes: | século -VII até -III | |
Familia: | Indoeuropea Linguas anatólicas Luvita Cario | |
Escrita: | alfabeto cario | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xcr
| |
Mapa | ||
Localización de Caria. | ||
Status | ||
O cario é unha lingua indoeuropea, da rama luvita, pertencente ao extinto grupo anatolio, falada na rexión de Caria, no sur de Anatolia (a actual Turquía)[1]. Cara ao século -II ou un pouco máis tarde esta lingua sería substituída na zona polo grego.
Aspectos históricos, sociais e culturais
[editar | editar a fonte]Historia da lingua
[editar | editar a fonte]A rexión de Caria estaba situada entre Licia e Lidia. O cario parece ser a lingua autóctona de Caria (gr. Καρία Karía) e o cario debeuse falar nela durante o durante o I milenio a. C. (os textos documentados abarcan catro séculos, do -IV ao -II), é posíbel que aínda algún tempo despois se seguise falando na rexión.
Uso e distribución
[editar | editar a fonte]Existen unha ducia de inscricións en alfabeto epicórico a maior parte curtas ou fragmentarias atopadas en Caria ou en obxectos procedentes desa rexión. A maior parte están datadas entre o século -IV e o -III. Existe ademais unha inscrición bilingüe en cario e grego procedente de Atenas, datada no século -VI. Con todo o maior número de textos en cario proceden de epitafios e grafitti deixados por mercenarios carios en Exipto, datados entre o século -VII e -V. O descubrimento dunha longa inscrición bilingüe en 1996 no sitio de Kaunos revolucionou o coñecemento que se tiña da lingua.
Descrición lingüística
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]O cario é claramente unha lingua indoeuropea do grupo anatolio, e con características do subgrupo occidental (luvita-licio-cario), polo que o antigo luvita podería ser o seu antecesor.
O alfabeto cario
[editar | editar a fonte]O cario usaba un alfabeto propio, con algunhas semellanzas co grego. Como moitas escrituras antigas, escribíase indiferentemente de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita, sen separación de palabras como norma. O desciframento, despois dos traballos de Ray (1981), Adiego e Schürr está case completado[2][3].
Signo[4] | Transcrición | Pronunciación (API) |
---|---|---|
𐊠 | a | |
𐊢 | d | ð |
𐊣 | l | |
𐊤 | ù | |
𐊥 | r | |
𐊦 | λ | |
𐊨 | q | |
𐊩 | b | β |
𐊪 | m | |
𐊫 | o | |
𐊭 | t | |
𐊮 | š | ʃ |
𐊰 | s | s |
𐊲 | u | |
𐊴 | x | |
𐊵 | n | |
𐊷 | p | |
𐊸 | ś | θ |
𐊹 | i | |
𐊺 | e | |
𐊻 | w | |
𐊼 | k | |
𐊿 | ú | |
𐋅 | í | |
𐋇 | τ | |
𐋈 | w |
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Os intentos de descifrar a escritura do cario empezaron no século XIX, pero eses intentos estiveron infestados de numerosos erros e descoidos. Finalmente V. Shevoroshkin (1965) demostrou que se trataba dunha escritura alfabética, aínda que os valores fonéticos atribuídos seguían tendo importantes erros, Ray (1981) usando a evidencia das tumbas bilingües en cario e exipcio corrixiu erros e un traballo posterior de I.-J. Adiego e D. Schürr completaron o correcto descifrado.
Existen moitas incertezas referentes á interpretación fonética dalgúns signos do alfabeto cario, non hai seguridade de ata que punto algúns signos representan fonemas diferentes por iso preséntanse entre parénteses. A maior parte dos valores fonéticos establecéronse comparando inscricións bilingües en grego ou exipcio demótico. O seguinte inventario consonántico é o proposto por H. G. Melchert para o cario:
Bilabial Dental Alveolar Palatal Gutural Glotal Oclusiva p
pt
tk
k, qAfricada ʦ (?)
τ*Fricativas β (?)
bð (?)
dθ (?)
śs (?)
sʃ (?)
šh (?)
xNasais m
mn
nAproximantes w
ur, l, lː(?)
l, r, λj
i
Gramática
[editar | editar a fonte]A terminación de acusativo animado singular é -n (<pIE -m), a marca de nominativo é o morfo cero, mentres que -ś é algún tipo de terminación adxectiva usada para marcar posesión.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M. Craig Melchert (2004). "Lycian". En Roger D. Woodard. The Cambridge Encyclopedia of the World's Ancient Languages (en inglés). Cambridge University Press. pp. 591-600. ISBN 0 521 56256 2. Consultado o 19 de marzo de 2011.