Saltar ao contido

Lingua nivkh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nivkh
нивх диф, нивх туғс
Pronuncia:[mer ɲivx dif/tuɣs]
Falado en: Rusia, Xapón[1][2]
Rexións: Illa de Sakhalin e ó longo do río Amur
Total de falantes: 200 (2000)
Familia: Lingua illada
 Nivkh
Escrita: Cirílico
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: niv
Mapa
Status

O nivkh está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

A lingua nivkh ou lingua gilyak[4] (autodesignado: Нивхгу диф Nivxgu dif) é unha lingua falada en Manchuria Exterior, na conca do río Amgun (un tributario do Amur), a beira do propio Amur, e na metade norte de Sakhalin. 'Gilyak' é a apelación manchú. Os seus falantes son o pobo nivkh.

A poboación da etnia nivkh permaneceu razoablemente estable, con 4 549 nivkhs en 1897, e 4 673 en 1989. Porén, a porcentaxe entre esa poboación de falantes nativos de nivkh caeu dende o 100% ó 23,3% no mesmo período.

  1. Austerlitz, R (1956). "Gilyak nursery words". Word 12 (2). pp. 260–279. 
  2. 『ギリヤークの昔話』中村チヨ (1992) 北海道出版企画センター
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edinburgh

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]