Lingua norfolk
Norfolk | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Norfuk, Norf'k | |
Falado en: | Australia | |
Rexións: | Illa Norfolk | |
Total de falantes: | 400 (2008) | |
Familia: | Inglés crioulo Pacífico Pitcairnés Norfolk | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Illa Norfolk | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua norfolk (tamén chamada norfuk ou norf'k)[2] é unha lingua crioula falada na Illa Norfolk (no Oceáno Pacífico) polos seus residentes locais. É unha mestura do inglés do século XVIII e o tahitiano, orixinalmente introducido por falantes de pitcairnés das Illas Pitcairn. Xunto co inglés, é a lingua oficial da Illa Norfolk.[3][4]
Dende que as viaxes que conectan a illa Norfolk se foron facendo máis comúns, o norfolk está caendo en desuso.[5] Os esforzos por restaurar o uso da lingua céntranse na educación dos nenos, na publicación de dicionarios inglés-norfolk, o emprego da lingua na administración e en renomear algunhas das súas atraccións turísticas – destacando o paseo da selva "A Trip Ina Stik". No ano 2007, as Nacións Unidas engadiron ó norfolk na súa lista de linguas en perigo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Norfolk Island Language (Norf’k) Act 2004 (Act No. 25 of 2004)". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2012. Consultado o 16 de marzo de 2017.
- ↑ The Dominion Post, 21 de abril de 2005 (page B3)
- ↑ The Daily Telegraph, Save our dialect, say Bounty islanders Arquivado 16 de xuño de 2006 en Wayback Machine., consultado o 6 de abril de 2007
- ↑ Feizkhah, Elizabeth, Keeping Norfolk Alive Arquivado 01 de novembro de 2001 en Wayback Machine., TIME Pacific, 6 de agosto de 2001]
- ↑ ABC News (ed.). "UN adds Norfolk language to endangered list". Consultado o 5 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua norfolk |