Lingua nottoway
Nottoway | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈnɒtəˌweɪ/ | |
Outros nomes: | Cheroenhaka | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Virxinia | |
Extinción: | 1838 | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Tuscarora-nottoway Nottoway | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ntw
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua nottoway, tamén chamada cheroenhaka, é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo nottoway. O nottoway está estreitamente relacionado coa lingua tuscarora. As dúas tribos nottoway están recoñecidas polo estado de Virxinia: a Tribo India Nottoway de Virxinia e a Tribo India Cheroenhaka (Nottoway). Outros descendentes de nottoway viven en Wisconsin e o Canadá, onde algúns dos seus devanceiros fuxiron no século XVIII. A última falante coñecida, Edith Turner, morreu en 1838. O pobo nottoway está a traballar para a recuperación da lingua.[2]
O coñecemento do nottoway procede principalmente dunha lista de palabras recollida o 4 de marzo de 1820. A carta manuscrita do daquela expresidente Thomas Jefferson a Peter S. Du Ponceau, o 7 de xullo de 1820, afirma que un vocabulario indio nottoway foi obtido o 4 de marzo de 1820 de Edith Turner, denominada como a súa "Raíña", por John Wood, un antigo profesor de Matemáticas no College of William and Mary.[3] Du Ponceau recoñeceu inmediatamente a lingua como iroquesa, e escribiu que estaba "asombrado e impresionado pola súa decidida fisionomía iroquesa".[4] Blair A. Rudes (1981) concluíu que o nottoway é unha lingua distinta da tuscarora, mais é a máis próxima ao tuscarora dentro do grupo iroqués.[5]
Ademais do vocabulario recollido por John Wood, James Trezvant recompilou algunhas palabras adicionais.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Nottoway-Meherrin". Ethnologue. 2023. Consultado o 18 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Thomas Jefferson to Peter S. Du Ponceau, 7 de xullo de 1820". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2024.
- ↑ Peter S. DuPonceau to Thomas Jefferson, 12 de xullo de 1820 Arquivado 17 de xuño de 2024 en Wayback Machine., The Thomas Jefferson Papers, Series 1, The Library of Congress.
- ↑ Rudes, Blair (1981). "A Sketch of the Nottoway Language from a Historical-Comparative Perspective". International Journal of American Linguistics 47: 27–49. doi:10.1086/465672.
- ↑ Encyclopedia Virginia
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |