Linguas britónicas
As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O grupo britónico teríase separado en dous dialectos:
- O britónico suroccidental, protolingua da que derivarían:
- O britónico occidental, protolingua da que derivarían:
Entre as linguas mortas estarían o galo e o lepóntico.
Datación
[editar | editar a fonte]A cuestión da data da separación entre linguas gaélicas e britónicas non está resolta, pero é seguro que estas dúas ramas se diferenciaron antes da aparición dos primeiros textos cobre o ano 600. De resultas da afluencia de falantes de linguas xermánicas a Gran Bretaña durante o século V, algúns falantes de linguas britónicas se instalaron masivamente en Armórica (a Bretaña actual), e, en cantidade menor, en Galiza, e no Leinster en Irlanda. Os falantes de linguas britónicas permaneceron tamén presentes na Escocia meridional durante varios séculos, no norte e o oeste de Inglaterra, e na Illa de Man. Pero o impulso progresivo dos gaélicos (celtas de proveniencia irlandesa) e dos anglosaxóns fixo que os falantes destas linguas se relegasen nos tras países que lles quedan hoxe: a Bretaña, Cornualla e o País de Gales.
Unha lingua ou dialectos britónicos falouse tamén en Galicia durante a Idade Media no norte da actual provincia de Lugo (antiga provincia de Mondoñedo) e noutras zonas costeiras de Galicia por mor da importante colonia de bretóns que chegaron no medievo ó noroeste da Península Ibérica fuxindo dende as Illas Británicas da invasión anglosaxoa. Non se conservan textos escritos en galaico-bretón.
Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas
[editar | editar a fonte]Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmás das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns internas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |