Linguas do Brasil
No Brasil son faladas cento oitenta linguas indíxenas en áreas remotas, outras son faladas por inmigrantes e os seus descendentes. A lingua oficial do Brasil é o portugués, idioma que é falado e escrito pola inmensa maioría da poboación. O portugués é a lingua usada nas institucións de ensino, nos medios de comunicación e nos negocios. O Brasil é o único país de lingua portuguesa das Américas. A Lingua Brasileira de Sinais tamén é considerada un medio de comunicación legal no país.
Portugués do Brasil
[editar | editar a fonte]O idioma falado e escrito no Brasil é parcialmente diferente do utilizado en Portugal e nos outros países lusófonos. En razón das diferenzas xeográficas e culturais entre o Brasil e Portugal, e tamén das diferentes políticas lingüísticas construídas polos dous países ao longo dos anos, o portugués brasileiro e o portugués europeo non evolucionaron de forma uniforme. Hai moitas diverxencias entre as normas cultas das dúas variantes da lingua, sobre todo no que se refire á fonética, á ortografía e ao sistema pronominal. Aínda así, tales diferenzas non comprometen a comprensión mutua.
Hai aínda diversas variacións dialetais internas ao portugués brasileiro, que se conectan sobre todo a diferenzas rexionais e sociais.
Linguas autóctonas
[editar | editar a fonte]Na época dos descubrimentos portugueses, estimouse que se falaban ata 400 ou 500 linguas, outros lingüistas chegan a considerar que poderían superar o milleiro. Eses idiomas están reducidos a preto de 180, das cales 24 (o 13 %) teñen máis de mil falantes; 108 linguas (60 %) teñen entre cen e mil falantes, mentres que 50 linguas (27 %) teñen menos de 100 falantes. Destas 50, a metade (o 13 % do total) teñen menos de 50 falantes, o que mostra que gran parte deses idiomas están en serio risco de extinción.[1] Malia isto, o Brasil é un dos países con maior diversidade lingüística.
Os primeiros anos de colonización, as linguas indíxenas eran faladas inclusive polos colonos portugueses, que adoptaron un idioma mixto baseado na lingua tupi. Por ser falada por case todos os habitantes do Brasil, quedou coñecida como lingua xeral. Con todo, o século XVIII, a lingua portuguesa fíxose oficial do Brasil, o que culminou na case desaparición desa lingua común.
Co transcorrer dos séculos, os indios foron exterminados ou aculturados pola acción colonizadora e, con iso, centenares dos seus idiomas foron extintos. Os idiomas indíxenas son falados sobre todo no Norte e Centro-Oeste. As linguas máis faladas son do tronco tupí-guaraní.
Outras linguas
[editar | editar a fonte]Amais das ducias de linguas autóctonas, dialectos de orixe alóctona son falados en colonias rurais máis illadas do Brasil meridional, sobre todo o hunsrückisch e o talian (ou vêneto brasileiro), de orixes alemá e italiana, respectivamente[2][3].
O estado de São Paulo sufriu tanta inmigración que o seu portugués é diferente de calquera outro no Brasil e no mundo. Hai moitos barrios italianos, como a Mooca, onde as persoas falan italiano no seu día a día, outros alemáns, como Santo Amaro, que ten celebracións típicas xermánicas, como o Oktoberfest . Hai tamén a segunda maior aglomeración de asiáticos fóra de Asia, o barrio da Liberdade, que tamén se ve presente a lingua xaponesa e chinesa o día a día dos habitantes. São Paulo foi tamén o que máis recibiu os árabes, tendo a súa cociña moi alterada coa inmigración de sirios e libaneses.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plurilingüismo no Brasil" (PDF) (en portugués).
- ↑ DW-World.de, O alemán lusitano do sur do Brasil
- ↑ O talian.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Linguas do Brasil |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- História do Brasil
- Goberno do Brasil Moitas informacións, en portugués
- Senado Brasileiro informacións de leis e de historia do país, con fotos
- EMBRATUR - Portal Brasileiro de TurismoArquivado 01 de novembro de 2020 en Wayback Machine. páxina do Ministerio do Turismo brasileiro. En portugués.
- Jornal do Brasil Arquivado 03 de marzo de 2017 en Wayback Machine. editado na cidade de Río de Xaneiro.
- Postais Antigas do Brasil Postais antigas