Linguaxe de programación
Unha linguaxe de programación é un sistema de notación para escribir programas informáticos.[1] que consiste nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (unha combinación de 0 e 1) mediante un sistema semellante á linguaxe humana.
As linguaxes de programación descríbense en termos da súa sintaxe (forma) e semántica (significado), normalmente definidos por un linguaxe formal. As linguaxes adoitan proporcionar características como un sistema de tipos, variables, e mecanismos para manexo de erros. Para executar programas requírese unha implementación dunha linguaxe de programación, a saber, un intérprete ou un compilador. Un intérprete executa directamente o código fonte, mentres que un compilador produce un programa executable.
A arquitectura de computadores influíu moito no deseño das linguaxes de programación, e o tipo máis común (linguaxes imperativas-que implementan operacións nunha orde especificada) desenvolveuse para funcionar ben na popular arquitectura de Von Neumann. Mentres que as primeiras linguaxes de programación estaban estreitamente ligados ao hardware, co tempo desenvolveron máis abstracción para ocultar os detalles de implementación para unha maior simplicidade.
Miles de linguaxes de programación -a miúdo clasificados como imperativos, funcional, lóxica, ou orientada a obxectos- desenvolvéronse para unha ampla variedade de usos. Moitos aspectos do deseño de linguaxes de programación implican concesións; por exemplo, o manexo de excepcións simplifica a xestión de erros, pero a costa do rendemento.
Deste xeito, posibilítase que os humanos poidan expresar dunha forma precisa algoritmos para estes seren executados polos ordenadores, sen ter que compor manualmente as instrucións de baixo nivel nunha linguaxe de máquina.
Estas linguaxes artificiais non permiten unha liberdade de expresión tan ampla como as naturais. A súa sintaxe e semántica están definidas previamente. Pódese distinguir entre a linguaxe da máquina e a orientada ó problema. A primeira non é transferible a outro ordenador, pero posúe a vantaxe da abreviación considerable de tempo ó realizar as operacións. Se se emprega unha linguaxe orientada ó problema, pode resolverse en calquera ordenador compatible, directamente ou tras lixeiras adaptacións, e non é preciso un coñecemento detallado do ordenador; non obstante, ten como inconvenientes o prolongado tempo requirido e a dificultade de enumerar unha serie de problemas non numéricos.
A teoría das linguaxes de programación é o subcampo da Informática que estuda o deseño, a implementación, a análise, a caracterización e a clasificación das linguaxes de programación.
Definicións
[editar | editar a fonte]As linguaxes de programación diferéncianse das linguaxes naturais en que as primeiras utilizanse para a interacción entre persoas, mentres que as segundas están deseñados para que os humanos poidan comunicar instrucións ás máquinas.[Cómpre referencia]
O termo linguaxe informática ás veces utilízase indistintamente con «linguaxe de programación».[2] Con todo, o uso destes termos varía segundo os autores.
Nun caso, as linguaxes de programación descríbense como un subconxunto das linguaxes informáticas.[3] Do mesmo xeito, o termo «linguaxe informática» pode utilizarse en contraposición ao termo «linguaxe de programación» para describir linguaxes utilizadas en informática pero que non se consideran linguaxes de programación.[Cómpre referencia] – por exemplo, linguaxes de marcado.[4][5][6] Algúns autores restrinxen o termo «linguaxe de programación» ás linguaxes Turing completo.[1][7] A maioría das linguaxes de programación prácticas son Turing completos,[8] e, como talles, son equivalentes en canto aos programas que poden calcular.
Outro uso considera as linguaxes de programación como construcións teóricas para programar máquinas abstractas e as linguaxes informáticas como o subconjunto destas que se executa en computadores físicos, que dispoñen de recursos de hardware finitos.[9]John C. Reynolds subliña que as linguaxes de especificación formal son tan linguaxes de programación como as linguaxes destinadas á execución. Tamén argumenta que os formatos de entrada textuais e mesmo gráficos que afectan o comportamento dun computador son linguaxes de programación, a pesar do feito de que normalmente non son Turing-completos, e sinala que a ignorancia dos conceptos de linguaxe de programación é a razón de moitos fallos nos formatos de entrada.[10]
Concepto
[editar | editar a fonte]Unha linguaxe de programación é unha linguaxe que pode ser utilizado para controlar o comportamento dunha máquina, particularmente unha computadora. Consiste nun conxunto de símbolos e regras sintácticas e semánticas que definen a súa estrutura e o significado dos seus elementos e expresións.
Aínda que moitas veces úsase linguaxe de programación e linguaxe informática coma se fosen sinónimos, non ten por que ser así, xa que as linguaxes informáticas engloban ás linguaxes de programación e a outros máis, como, por exemplo, o HTML (linguaxe para o marcado de páxinas web).
Unha linguaxe de programación permite a un ou máis programadores especificar de xeito preciso: sobre que datos unha computadora debe operar, como deben ser estes almacenados e transmitidos e que accións debe tomar baixo unha variada gama de circunstancias. Todo isto, a través dunha linguaxe que intenta estar relativamente próximo á linguaxe humana ou natural, tal como sucede coa linguaxe Lexico. Unha característica relevante das linguaxes de programación é precisamente que máis dun programador poidan ter un conxunto común de instrucións que poidan ser comprendidas entre eles para realizar a construción do programa de forma colaborativa.
Os procesadores usados nas computadoras son capaces de entender e actuar segundo indícano programas escritos nunha linguaxe fixa chamado linguaxe de máquina. Todo programa escrito noutra linguaxe pode ser executado de dous xeitos:
- Mediante un programa que vai adaptando as instrucións conforme son atopadas. A este proceso chámallo interpretar e aos programas que o fan coñécellos como intérpretes.
- Traducindo este programa ao programa equivalente escrito en linguaxe de máquina. A ese proceso chámallo compilar e ao tradutor coñécello como compilador.
Orixe
[editar | editar a fonte]Coa chegada das computadoras aparecen as secuencias de posicións de chaves eléctricas que debían conectarse para obter unha acción determinada, unha chave conectada era un 1 e unha chave desconectada era un 0. Unha sucesión de chaves en calquera das súas dúas posicións definía unha secuencia de ceros e uns (por exemplo: 0100011010011101...) que viña representar unha instrución ou un conxunto de instrucións (Programa informático) para o computador (ou computador) no que se estaba traballando. A esta primeira forma de especificar programas para unha computadora denomínalla linguaxe máquina ou código máquina.
A necesidade de recordar secuencias de programación para as accións usuais levou a denominalas con nomes fáciles de memorizar e asociar: ADD (sumar), SUB (restar), MUL (multiplicar), CALL (executar subrutina) etc. A esta secuencia de posicións denominóuselle "instrucións", e a este conxunto de instrucións chamóuselle linguaxe ensambladora.
Posteriormente apareceron diferentes linguaxes de programación, os cales reciben a súa denominación porque teñen unha estrutura sintáctica similar ás linguaxes escritas polos humanos.
Historia
[editar | editar a fonte]Desenvolvementos iniciais
[editar | editar a fonte]Os primeiros computadores programables inventáronse a finais dos anos 40, e con eles, as primeiras linguaxes de programación.[11] Os primeiros computadores programábanse en linguaxes de programación de primeira xeración (1GL), linguaxe máquina (instrucións sinxelas que o procesador podía executar directamente). Este código era moi difícil de depurar e non era portable entre distintos sistemas informáticos.[12] Co fin de mellorar a facilidade de programación, inventáronse as linguaxes ensambladoras (ou linguaxes de programación de segunda xeracións-2GLs), que diverxían da linguaxe máquina para facer os programas máis fáciles de entender para os humanos, aínda que non aumentaban a portabilidade.[13]
Clasificación das linguaxes de programación
[editar | editar a fonte]As linguaxes de programación determínanse segundo o nivel de abstracción, a forma de execución e o paradigma de programación que posúen cada un deles, os cales poden ser:
Segundo o seu nivel de abstracción
[editar | editar a fonte]Linguaxes de baixo nivel
[editar | editar a fonte]As linguaxes de baixo nivel son linguaxes de programación que se achegan ao funcionamento dunha computadora. A linguaxe de máis baixa nivel é, por excelencia, o código máquina. A este séguelle a linguaxe ensambladora, xa que ao programar en ensamblador trabállanse cos rexistros de memoria do computador de forma directa.
Linguaxes de medio nivel
[editar | editar a fonte]Hai linguaxes de programación consideradas por algúns expertos como linguaxes de medio nivel (como é o caso da linguaxe C) ao ter certas características que as achegan ás linguaxes de baixo nivel mais tendo, ao mesmo tempo, certas cualidades que a fan unha linguaxe máis próxima ao humano e, xa que logo, de alto nivel.
Linguaxes de alto nivel
[editar | editar a fonte]As linguaxes de alto nivel son normalmente doadas de aprender ao estaren formadas por elementos de linguaxes naturais, como o inglés. En BASIC, unha das linguaxes de alto nivel máis coñecida, os comandos como "IF CONTADOR = 10 THEN STOP" poden utilizarse para pedir á computadora que pare se CONTADOR é igual a 10. Por desgraza para moitas persoas esta forma de traballar é un pouco frustrante, dado que a pesar de que as computadoras parecen comprender unha linguaxe natural, fano en realidade dunha forma ríxida e sistemática.
Segundo a forma de execución
[editar | editar a fonte]Linguaxes compiladas
[editar | editar a fonte]Naturalmente, un programa que se escribe nunha linguaxe de alto nivel tamén ten que traducirse a un código que poida utilizar a máquina. Os programas tradutores que poden realizar esta operación chámanse compiladores. Estes, así como os programas ensambladores avanzados, poden xerar moitas liñas de código de máquina por cada proposición do programa fonte. Requírese unha execución de compilación antes de executar o programa.
Os compiladores son aqueles coa función de traducir un programa escrito nunha determinada linguaxe a un idioma que a computadora entenda (linguaxe máquina con código binario).
Ao usar unha linguaxe compilada, o programa desenvolvido nunca se executa mentres teña erros na compilación.
Linguaxes interpretadas
[editar | editar a fonte]Pódese tamén utilizar unha alternativa diferente dos compiladores para traducir linguaxes de alto nivel. No canto de traducir o programa fonte e gravar en forma permanente o código obxecto que se produce durante a compilación para posteriormente executar o programa resultante, o programador só carga o programa fonte na computadora xunto cos datos que se van a procesar. A continuación, un programa intérprete, ben sendo parte do sistema operativo, ou incluído de xeito permanente dentro da máquina, converte cada proposición do programa fonte en linguaxe de máquina conforme vaia sendo necesario durante a execución do programa. Non se grava o código obxecto para utilizalo posteriormente.
A seguinte vez que se utilice unha instrución, débese interpretar outra vez e traducir a linguaxe máquina. Por exemplo, durante o procesamento repetitivo dos pasos dun ciclo, cada instrución do ciclo terá que volver ser interpretada cada vez que se execute o ciclo, o cal fai que o programa sexa máis lento en tempo de execución (porque se vai revisando o código en tempo de execución) pero máis rápido en tempo de produción (porque non se ten que estar compilando a cada momento o código completo). O intérprete elimina a necesidade de realizar unha compilación logo de cada modificación do programa cando se quere agregar funcións ou corrixir erros; pero é obvio que un programa obxecto compilado con antelación executarase con moita maior rapidez que un que se debe interpretar a cada paso durante a execución.
Segundo o paradigma de programación
[editar | editar a fonte]Un paradigma de programación representa un enfoque particular ou filosofía para a construción do software. Non é mellor un que outro senón que cada un ten vantaxes e desvantaxes. Tamén hai situacións onde un paradigma resulta máis axeitado que outro.
Atendendo ao paradigma de programación, as linguaxes pódense clasificar en:
Linguaxes imperativas
[editar | editar a fonte]Linguaxes Funcionais
[editar | editar a fonte]Puras:
Híbridas:
Linguaxes Lóxicas
[editar | editar a fonte]Linguaxes orientadas a obxectos
[editar | editar a fonte]- Action Script
- Ada
- C
- C++
- C#
- VB.NET
- Visual FoxPro
- Clarion
- Delphi
- Harbour
- Eiffel
- Java
- JavaScript
- Lexico (en castelán)
- Objective-C
- Ocaml
- Oz
- Perl (soporta herdanza múltiple)
- PHP (na súa versión 5)
- PowerBuilder
- Python
- Ruby
- Smalltalk
- Magik (SmallWorld)
Algunhas linguaxes de programación
[editar | editar a fonte]Ambientes de desenvolvemento
[editar | editar a fonte]- Anjuta DevStudio
- Borland C++ Builder
- Borland Delphi
- Eclipse
- KDevelop
- Kylix
- Microsoft Visual Basic
- Microsoft Visual C++
- Microsoft Visual C#
- MonoDevelop
- Netbeans
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Aaby, Anthony (2004). Introduction to Programming Languages. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012. Consultado o 8 de novembro do 2024.
- ↑ Robert A. Edmunds, The Prentice-Hall standard glossary of computer terminology, Prentice-Hall, 1985, p. 91
- ↑ Pascal Lando, Anne Lapujade, Gilles Kassel, and Frédéric Fürst, Towards a General Ontology of Computer Programs Arquivado 2015-07-07 en Wayback Machine., ICSOFT 2007 Arquivado 2010-04-27 en Wayback Machine., pp. 163–170
- ↑ XML in 10 points Arquivado 2009-09-06 en Wayback Machine. W3C, 1999, "XML is not a programming language."
- ↑ Powell, Thomas (2003). HTML & XHTML: the complete reference. McGraw-Hill. p. 25. ISBN 978-0-07-222942-4.
HTML non é unha linguaxe de programación.
- ↑ Dykes, Lucinda; Tittel, Ed (2005). XML For Dummies (4th ed.). Wiley. p. 20. ISBN 978-0-7645-8845-7.
...é unha linguaxe de marcas, non unha linguaxe de programación.
- ↑ En termos matemáticos, isto significa que a linguaxe de programación é Turing completo. MacLennan, Bruce J. (1987). Principles of Programming Languages. Oxford University Press. p. 1. ISBN 978-0-19-511306-8.
- ↑ "Turing Completeness". www.cs.odu.edu. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2022. Consultado o 8 de novembro do 2024.
- ↑ R. Narasimhan, Programming Languages and Computers: A Unified Metatheory, pp. 189—247 in Franz Alt, Morris Rubinoff (eds.) Advances in computers, Volume 8, Academic Press, 1994, ISBN 0-12-012108-5, p.215: "[...]o modelo [...] para as linguaxes informáticas difire do [...] para as linguaxes de programación só en dous aspectos. Nunha linguaxe informática, só hai un número finito de nomes -ou rexistros- que poden asumir só un número finito de valores -ou estados- e estes estados non se distinguen en termos de ningún outro atributo. [Isto pode parecer unha perogrullada, pero as súas implicacións son de gran alcance. Por exemplo, implicaría que calquera modelo para linguaxes de programación, fixando algúns dos seus parámetros ou características, debería ser reducible de forma natural a un modelo para linguaxes informáticas.»
- ↑ John C. Reynolds, "Some thoughts on teaching programming and programming languages", SIGPLAN Notices, Volume 43, Issue 11 de novembro de 2008, p.109
- ↑ Gabbrielli & Martini 2023, p. 519.
- ↑ Gabbrielli & Martini 2023, pp. 520-521.
- ↑ Gabbrielli & Martini 2023, p. 521.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linguaxe de programación |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abelson, Harold; Sussman, Gerald Jay (1996). Structure and Interpretation of Computer Programs (2nd ed.). MIT Press. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2018. Parámetro descoñecido
|url-status=
ignorado (Axuda) - Raphael Finkel: Advanced Programming Language Design, Addison Wesley 1995.
- Daniel P. Friedman, Mitchell Wand, Christopher T. Haynes: Essentials of Programming Languages, The MIT Press 2001.
- David Gelernter, Suresh Jagannathan: Programming Linguistics, The MIT Press 1990.
- Ellis Horowitz (ed.): Programming Languages, a Grand Tour (3rd ed.), 1987.
- Ellis Horowitz: Fundamentals of Programming Languages, 1989.
- Shriram Krishnamurthi: Programming Languages: Application and Interpretation, online publication Arquivado 2021-04-30 en Wayback Machine..
- Gabbrielli, Maurizio; Martini, Simone (2023). Programming Languages: Principles and Paradigms (en inglés) (2nd ed.). Springer. ISBN 978-3-031-34144-1.
- Bruce J. MacLennan: Principles of Programming Languages: Design, Evaluation, and Implementation, Oxford University Press 1999.
- John C. Mitchell: Concepts in Programming Languages, Cambridge University Press 2002.
- Nofre, David; Priestley, Mark; Alberts, Gerard (2014). "When Technology Became Language: The Origins of the Linguistic Conception of Computer Programming, 1950–1960". Technology and Culture 55 (1): 40–75. ISSN 0040-165X. JSTOR 24468397. PMID 24988794. doi:10.1353/tech.2014.0031.
- Benjamin C. Pierce: Types and Programming Languages, The MIT Press 2002.
- Terrence W. Pratt and Marvin Victor Zelkowitz: Programming Languages: Design and Implementation (4th ed.), Prentice Hall 2000.
- Peter H. Salus. Handbook of Programming Languages (4 vols.). Macmillan 1998.
- Ravi Sethi: Programming Languages: Concepts and Constructs, 2nd ed., Addison-Wesley 1996.
- Michael L. Scott: Programming Language Pragmatics, Morgan Kaufmann Publishers 2005.
- Sebesta, Robert W. (2012). Concepts of Programming Languages (en inglés) (10 ed.). Addison-Wesley. ISBN 978-0-13-139531-2.
- Franklyn Turbak and David Gifford with Mark Sheldon: Design Concepts in Programming Languages, The MIT Press 2009.
- Peter Van Roy and Seif Haridi. Concepts, Techniques, and Models of Computer Programming, The MIT Press 2004.
- David A. Watt. Programming Language Concepts and Paradigms. Prentice Hall 1990.
- David A. Watt and Muffy Thomas. Programming Language Syntax and Semantics. Prentice Hall 1991.
- David A. Watt. Programming Language Processors. Prentice Hall 1993.
- David A. Watt. Programming Language Design Concepts. John Wiley & Sons 2004.
- Wilson, Leslie B. (2001). Comparative Programming Languages, Third Edition. Addison-Wesley. ISBN 0-201-71012-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Código fonte
- Código obxecto
- Compilador
- Programación orientada a obxectos
- Linguaxe máquina
- Linguaxe orientada ao problema
- Enxeñaría de software
- Computadora
- Programación
- Linguaxe de alto nivel
- Linguaxes interpretadas