Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Tojos é un concello da Comunidade Autónoma de Cantabria, en España. Está situado ao sueste da comunidade e a uns 62 km da capital, Santander.
O municipio atópase encaixado na parte alta do Val do Saja, que drena o río homónimo. Limita polo norte con Cabuérniga e máis Ruente, polo leste con Molledo e Bárcena de Pie de Concha, polo oeste con Cabuérniga e máis a Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e polo sur coa Mancomunidade Campoo-Cabuérniga e con Hermandad de Campoo de Suso.
Dentro do seu termo municipal áchanse as seguintes entidades de poboación:
- Bárcena Mayor, 75 hab., dos cales 14 viven diseminados
- Correpoco, 56 hab.
- Saja, 105 hab., con só 1 hab. fóra do casco da entidade.
- El Tojo, 64 hab., con 28 hab. no núcleo e 36 diseminados
- Los Tojos (capital), 112 hab., deles 10 dispersos.
Destaca neste municipio Bárcena Mayor, ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico.
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
|
Partido |
Votos
|
% |
Concelleiros
|
PP
|
121
|
34,47 %
|
3
|
PRC
|
105
|
29,91
|
2
|
PSOE
|
121
|
34,47 %
|
2
|
- Alcalde electo: María Belén Ceballos de la Herrán (PP).
|
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
|
Partido |
Votos
|
% |
Concelleiros
|
PP
|
214
|
54,73
|
4
|
PRC
|
86
|
21,99 %
|
2
|
PSOE
|
86
|
21,99 %
|
1
|
- Alcalde electo: María Belén Ceballos de la Herrán (PP).
|