Lunar Orbiter 5
Lunar Orbiter 5 | |
---|---|
Un modelo dunha nave Lunar Orbiter | |
Tipo | Orbitador lunar |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 1 de agosto de 1967, 22:33 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Atlas SLV-3 Agena D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][4][5] |
Obxectivo da misión | Fotografía da superficie lunar.[2][4][5] |
Decaemento | 31 de xaneiro de 1968[1] |
NSSDC ID | 1967-075A |
Masa | 385,6 kg[2] |
Potencia | 375 W[2] |
Lunar Orbiter 5 foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 1 de agosto de 1967 mediante un foguete Atlas SLV-3 Agena D desde Cabo Cañaveral cara a Lúa.[1][2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]Lunar Orbiter 5 foi unha sonda do programa Lunar Orbiter para fotografar partes do lado oculto da Lúa e facer un estudo xeral da mesma. Tamén levaba a bordo medidores de intensidade da radiación e de impacto de micrometeoritos e foi usada para probar a rede de seguimento e localización do proxecto Apollo.[1][2][4][5]
Lunar Orbiter 5 foi inxectada nunha órbita cislunar o 5 de agosto de 1967, chegando á Lúa e colocándose nunha órbita elíptica cun periapse inicial de 194,5 km e un apoapse inicial de 6023 km, cunha inclinación de 85° e un período de 8 horas e 30 minutos.[1][2][4][5]
A nave tomou fotografías entre o 6 e o 18 de agosto, transmitíndoas a terra ata o 27 de agosto. Tomou 633 imaxes de alta resolución e 211 de resolución media. A nave foi enviada a impactar contra a superficie lunar o 31 de xaneiro de 1968, usándose para probas de seguimento.[1][2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "LUNAR ORBITER 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (28 de outubro de 2022). "Lunar Orbiter 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
- ↑ "Letter dated 4 January 1968 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (68-00595). 8 de xaneiro de 1968: 2. Consultado o 30 de xuño de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Lunar Orbiter 1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "Lunar Orbiter" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lunar Orbiter 5 |