Maó
Epónimo | Magón Barca | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Provincia histórica | provincia de Baleares | ||||
Illa | Menorca | ||||
Capital de | |||||
Capital | Maó | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.902 (2023) (255,14 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 117,2 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 72 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Héctor Pons Riudavets (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07700–07714 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 07032 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ajmao.org | ||||
Maó[1] (oficialmente en catalán Maó)[2] é unha cidade balear, capital administrativa da illa de Menorca, a segunda en tamaño das illas Baleares, sede do Consello Insular de Menorca. Comprende un concello cunha área de 116,98 km², no que segundo datos do ano 2020, vivían 29 592 habitantes.
Nome oficial
[editar | editar a fonte]Consonte o publicado no BOE de 6 de setembro de 2006, que recolle o acordo adoptado polo Consello Insular de Menorca a data de 27 de febreiro do mesmo ano, Maó converteuse na única forma oficial deste topónimo menorquín para todos os efectos e substituíu a forma castelá oficial até aquela altura: Mahón.
O acordo referido baséase nas normas ortográficas vixentes para o catalán, que só manteñen a grafo /h/ naqueles casos nos que haxa un precedente etimolóxico, o que non sucedía para este topónimo, derivado dunha forma latina Magon. Da mesma maneira se suprimira noutros topónimos como Vic, antes grafado Vich. O 25 de marzo de 2013, logo da derrogación da Lei da Función Pública e a modificación da Lei de Normalización Lingüística, o pleno municipal gobernado polo PP aprobou a denominación oficial de Maó-Mahón[3]que se reverteu en 2021 para volver a Maó como única forma oficial.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]A cidade de Maó sitúase no leste da illa de Menorca, e ao fondo do porto de Maó. É o concello máis oriental de toda España, situado a 4° 15′ 49″ E. Acada uns 72 metros de altura, pero como a cidade se estende até o porto, ten importantes desniveis.
Historia
[editar | editar a fonte]Maó áchase localizado sobre un porto natural do Mediterráneo occidental. Foi fundado por un dos xenerais cartaxineses e irmán de Haníbal, Magón, polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona Portus Magonis. Pasou a mans dos romanos e, coa caída do Imperio Romano, ocupárona vándalos e bizantinos. Logo sufriu frecuentes ataques dos normandos e musulmáns, ata que finalmente, no ano 903, foi conquistada e anexionada ao Califato de Córdoba. En 1287 conquistouna o rei Afonso III de Aragón. Posteriormente, en 1535, Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de Barbarroja. Baixo o reinado de Filipe II iniciouse a construción do forte de San Filipe, deseñado por Juan Bautista Calvi, na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.
Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei Carlos III, quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no século XIX, edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a Fortaleza da Mola.
Actualmente, a cidade caracterízase pola súa grande actividade económica, a maior parte dela destinada ao turismo.
Transporte
[editar | editar a fonte]Aeroporto
[editar | editar a fonte]A cidade conta cun aeroporto civil e militar situado a 4 km ao leste do centro da cidade, o aeroporto de Menorca. Este aeroporto ten conexións diarias coas cidades principais da península (Madrid, Barcelona etc.), coas outras illas (Palma e Eivissa) e coas principais cidades do Reino Unido e Alemaña.
Na actualidade existen voos entre o aeroporto de Maó e diversas cidades dos Países Baixos, Francia e Bélxica, como son París-Charles de Gaulle coa compañía Easy Jet, Marsella e Niza con Iberia Rexional Air Nostrum, Toulon, Ámsterdan con Arkefly e Transavia e Bruxelas con Jetair Airlines e Brussels Airlines, algunhas como a ruta a Niza ou Marsella establecidas no verán de 2011.
Festividades
[editar | editar a fonte]Entre o 6 e o 9 de setembro celébranse as festas patronais de Gràcia, en honra á Mare de Déu de Gràcia. Estas comezan co pregón a noite do 6, continuando co tradicional balbordo do 7 pola tarde e o 8 pola mañá. Paralelamente celébranse moitas actividades, como fogos artificiais, carreiras de cabalos e verbenas. O día 9 a festa vira contorna ao porto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Maonés.
- ↑ "L'Ajuntament de Maó restitueix el topònim en català com a única forma oficial vuit anys després". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2021-02-28.
- ↑ "Maó passa a dir-se 'Maó-Mahón', Vilaweb, 25 de marzo de 2013". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 14 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maó |