Manuel Crespo Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1902 Dozón, España |
Morte | 11 de xaneiro de 2007 (104/105 anos) O Castro, España |
Alcalde de Dozón | |
década de 1950 – 1987 – Adolfo Campos Panadeiros → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Crespo Vázquez, nado en Dozón en 1902 e finado no Castro o 11 de xaneiro de 2007,[1] foi un político galego, alcalde de Dozón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro de Dozón dende 1940.[2] Foi alcalde de Dozón dende principios dos anos 50 até 1987. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse como independente, obtendo a maioría. Nas municipais de 1983 presentouse pola Coalición Popular, volvendo repetir a maioría. Non concorreu ás eleccións municipais de 1987 e foi sucedido na alcaldía por Adolfo Campos Panadeiros o cabeza de lista de Independentes de Dozón, que aínda que só obtivo 3 dos once concelleiros, grazas a unha tripla alianza logrou proclamarse alcalde.
Predecesor: Casiano Galego Rodríguez |
alcalde de Dozón 1950 - 1987 |
Sucesor: Adolfo Campos Panadeiros |